CENTROS SOCIOCULTURAIS
Noites de música na terraza da Trisca
A concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez presentou o ciclo de concertos "Noites de música na terraza". Terán lugar no Centro Sociocultural da Trisca os días 24 de maio, 7 e 21 de xuño e 12 de xullo, ás 22:00 horas.
ALCALDÍA
A Axencia Espacial Europea reúnense en Santiago
O Hostal dos Reis Católicos acolle unha xuntanza da Axencia Espacial Europea. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deulles a benvida aos participantes nesta reunión.
AUDITORIO
Noite de violíns no Auditorio de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto cuxo protagonista absoluto é o violín, nas mans de Jean Jacques Kantorow e do seu violín principal James Dahlgren. Será o xoves 24 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
TURISMO
Axentes de viaxe norteamericanos celebran a súa convención en Santiago
Turismo de Santiago recibiu a un grupo de 60 axentes de viaxe hispanos afincados en Estados Unidos, pertencentes á ALTA (American Latin Travel Agents in America,) que celebra a súa convención 2007 na capital galega.
DEPORTES
O Polígono do Tambre acollerá unha carreira popular solidaria
Un circuíto nas estradas do Polígono do Tambre será o escenario, o 17 de xuño, ás 11:30 horas, da I Carreira Solidaria "Polígono do Tambre". Esta proba foi posta en marcha pola organización non gobernamental, Intermón Oxfam, por iniciativa do atleta santiagués Pedro Nimo, e ten o obxectivo de recadar fondos para a construción dunha escola en Angola. A cita conta co patrocinio da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre e coa colaboración da Fundación Compostela Deporte e do...
ALCALDÍA
O Campus Sur xa conta cun "Recanto da Saudade" para o reencontro dos antigos estudantes
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC inaugurou no Campus Sur o ‘Recanto da Saudade’. O acto, organizado en colaboración co Concello e a Universidade de Santiago, celebrouse fronte ao Sanatorio Nosa Sra. da Esperanza.
EDUCACIÓN
Continúa a desenvolverse o Programa de educación viaria "¿Onde está o perigo?"
Durante o mes de maio segue a desenvolverse o calendario de visitas didácticas incluídas no Programa municipal de educación viaria e na autoprotección "¿Onde está o perigo?". A iniciativa pretende incorporar aos máis novos hábitos cívicos e de seguridade, e ensinarlles como actuar ante situacións de perigo.
TRANSPORTES
A liña 5 do transporte urbano modifica o seu punto de remate para dar un maior servizo
O Concello de Santiago de Compostela, TUSSA e a empresa operadora de transporte urbano TRALUSA, adaptan a liña 5 ás novas necesidades do entorno dos barrios de Vite – Vite de Arriba e Vista Alegre.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A edición de primavera do Concurso de Escaparatismo conta con 32 comercios inscritos
Un total de 32 estabelecementos comerciais inscribíronse na edición de primavera do IV Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007, fronte aos 30 da tempada de primavera do ano 2006. O prazo de presentación rematou o 21 de maio.
DEPORTES
O campo de fútbol das Cancelas renova o seu céspede artificial
O Goberno local adxudicou as obras de reforma do campo de fútbol das Cancelas. Dedicarase un orzamento de 248.462 euros a unha actuación que suporá a substitución do actual céspede artificial por outro novo e a renovación doutras instalacións complementarias. O prazo de execución é de 28 días.