CIDADE HISTÓRICA E CIRCULACIÓN VIARIA
As obras en Belvís e na Trindade obrigan a varias modificacións no tráfico
O comezo de dúas novas obras do Fondo de Investimento Local (FIL), en Belvís e en San Frutuoso, obrigará a restricións e modificacións no tráfico nestes dous ámbitos. Ambas teñen un período aproximado de realización de oito meses e comezarán o mércores 27.
CONSORCIO
O Programa ConCiencia trae a Santiago un ano máis a persoeiros da máxima relevancia científica mundial
O Premio Nobel de Química en 1987, o francés Jean-Marie Lehn, abrirá o xoves 28 a cuarta edición do Programa ConCiencia, organizado polo Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago. A Lehn seguiralle o 1 de xuño o Nobel de Física en 1980, James Watson Cronin, e o 15 de xuño o recente Nobel de Química (2006), Roger David Kornberg.
CONSORCIO
O violinista Cho-Liang Lin acompaña á Real Filharmonía nun novo concerto
O penúltimo dos concertos da Filharmonía no Auditorio de Galicia terá como protagonista ao violinista taiwanés Cho-Liang Lin, quen chega a Santiago cun instrumento modelo Guarnieri del Gesú de 1734. Para a ocasión, o mestre Ros Marbà preparou un programa con obras de Rodrigo, Barber e Bizet. Será o mércores 27 de maio, ás 21:00 horas.
UMAD
Clausúranse as actividades do programa "De bo rollo" nos IES Eduardo Pondal e Antón Fraguas
Dentro das actuacións preventivas que vén realizando a Unidade Municipal de Atención a Drogodepentes (UMAD) no ámbito escolar, atópase o Programa De bo rollo. Con motivo da clausura da edición 2008-2009 desta iniciativa, celebrarase unha festa con diversas actividades nos IES Eduardo Pondal (mércores 27 de maio, ás 12:25 horas) e Antonio Fraguas (xoves 28 de maio, á mesma hora).
FESTAS
O concelleiro de Festas destaca a alta participación e bo ambiente dos cinco días da Ascensión
Despois de cinco días de festa, a Ascesión despídese ata o 2010. No Campus Sur, nas prazas do casco antigo, na praza Roxa, no recinto feiral de Amio ou no Multiusos do Sar vivíronse momentos con moita música e diversión.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese cos veciños para explicarlles o proxecto de reurbanización da rúa Londres
O martes 26 de maio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá ás 20:30 horas un encontro con veciños no Centro Sociocultural das Fontiñas para explicarlles de forma directa o proxecto de reurbanización da rúa de Londres.
EDUCACIÓN
O Auditorio acolleu as representacións escolares de "Compostela en danza"
"Compostela en danza" levou ao Auditorio de Galicia as coreografías das alumnas e alumnos de seis centros escolares composteláns. En total, 166 alumnas e 3 alumnos entre 3 e 12 anos participaron nestes bailes dos máis diversos estilos.
FESTAS
A XI Festa dos Maiores congregou a 2.500 persoas no recinto feiral de Amio
Novo éxito da Festa dos Maiores na súa XI edición. Nesta ocasión foron unhas 2.500 persoas as que se reuniron no recinto feiral de Amio, superando mesmo a participación da edición de 2008.
DEPORTES
Rafael Rodríguez, do Supermercados Froiz, gaña a Volta da Ascensión
O corredor do Supermercados Froiz Rafael Rodríguez gañou a Volta Ciclista da Ascensión-Gran Premio Xacobeo 2009, cun novo triunfo na terceira etapa. Cómpre lembrar que o campión liderou a Volta dende o seu triunfo na primeira xornada da competición. Rodríguez foi primeiro na chegada ao sprint da última etapa, seguido de Dmitry Puzanov, do CC Spol Caixanova, e David Gutiérrez, do Camargo-Ferroatlántica.
ALCALDÍA
A reurbanización das rúas Galeras, Salvadas e Vista Alegre converterá a zona nun novo espazo urbano de calidade
As rúas Galeras, Salvadas e Vista Alegre experimentarán unha transformación integral coas obras de urbanización que se desenvolverán a partir do verán. Este tramo, entre O Pombal e o cruce coa avenida de Castelao, vaise converter nun espazo totalmente urbano, no que ademais se crearán novos lugares singulares.