CONSORCIO
Preto de 600.000 euros poñen en marcha o primeiro Obradoiro de lousados de pedra
Co ánimo de establecer os mecanismos para o mantemento de lousados do centro histórico xorde o primeiro Obradoiro de emprego nesta especialidade, posto en marcha o 2 de xaneiro na horta de San Martiño Pinario.
ALCALDÍA
As grandes firmas de moda tamén apostan por Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración da nova tenda de Adolfo Domínguez na cidade, situada na rúa Curros Enríquez, 13.
CONSORCIO
O Coro Euridice de Bolonia ofrece dous concertos en Santiago
O Coro Euridice acompañará cos seus cantos a celebración litúrxica da Catedral o domingo 29 de abril, ás 13:00 horas. As voces deste prestixioso coro porán música ás diferentes partes nas que se divide a misa, dirixidos polo mestre Pier Paolo Scattolin. Esta actuación ven sumarse á do venres 27 de abril, ás 20:30 horas, na igrexa de San Martiño Pinario, na que o coro interpreta pezas de Monteverdi, Penderecki ou Petrassi, entre outros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais únese á semana do libro
Con motivo da semana na que se celebra a XXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela, a Rede de Centros Socioculturais súmase ás actividades previstas cun amplo programa de contacontos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Abren as súas portas dúas novas empresas creadas no marco de Equal Compostela Social
Abren as súas portas dúas novas empresas creadas no marco do Proxecto Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego. Con estas son xa 39 as empresas que se deron de alta como autónomas a través deste programa dende que comenzou a súa andadura, en novembro do 2005. 28 empresas, o 72%, foron creadas por mulleres, e as outras 11, o 28%, por homes.
ALCALDÍA
Máis de 600 directivos de Leroy Merlin reúnense en Santiago nunha xornada solidaria
Un hábitat adaptado a todos. Baixo esta premisa, máis de 600 directivos da empresa Leroy Merlin desenvolveron en Compostela unha serie de accións de carácter solidario, no marco da súa Convención Anual.
BENESTAR SOCIAL
Down Compostela inaugurou a súa nova sede
As novas instalacións de Down Compostela foron inauguradas na súa ubicación no barrio de Conxo, na rúa Alejandro Novo González. O edificio, de 1.000 metros cadrados de superficie, supón un salto cualitativo para a Asociación e para a Fundación Down Compostela, "xa que nos permitirán prestar unha atención de calidade ás persoas con síndrome de Down de Santiago e da súa área de influencia", explicou o presidente da entidade, Juan Martínez.
FACENDA
O orzamento de 2006 liquídase cun saldo positivo de case 8,8 millóns de euros
O concelleiro de Facenda, Carlos Nieves, deu conta da liquidación do orzamento do ano 2006, que se pechou cun saldo positivo de 8.791.079 euros. Ao seu xuízo, estes resultados son "o exemplo do bo facer en termos financeiros" do Concello de Santiago.
PLENO
Compostela irmandarase con Santiago do Cacém
Santiago de Compostela engade outra cidade á lista daquelas que levan o nome do Apóstolo e coas que se está irmandada. Trátase nesta ocasión dunha vila lusa, Santiago do Cacém, cuxo irmandamento e o inicio dos trámites para o mesmo foi aprobado por unanimidade no Pleno municipal.
CULTURA
Cultura regalará un libro a aquelas persoas que merquen dous exemplares nas casetas de exposición durante a Feira do Libro de Santiago de Compostela
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asinou un convenio de colaboración coa Agrupación de Libreiros de Santiago-Federación de Libreiros de Galicia por valor de 7.000 euros para o desenvolvemento da XXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela, que se desenvolve dende o 27 de abril ao 6 de maio no paseo central da Alameda de Santiago.