CONSORCIO
O Consorcio entrega as súas coleccións infantís e xuvenís para o proxecto Literapia
Con motivo da posta en marcha do grupo Literapia, promovido pola Fundación La Rosaleda e patrocinado por Caixanova, o Consorcio de Santiago fixo entrega das súas coleccións infantil e xuvenil á Biblioteca do Hospital Clínico de La Rosaleda, así como á Escola Infantil "Camilo José Cela" do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
TURISMO
"Santiago (é)Tapas" premia a cociña en miniatura de Compostela
Durante dúas semanas, Santiago de Compostela volverá a lucir a súa gastronomía, esta vez en formato reducido, coa celebración do I Concurso de Tapas Santiago (é)Tapas. Entre o 28 de xuño e o 13 de xullo de 2008 os establecementos hostaleiros da cidade competirán por ofrecer a visitantes e composteláns as súas mellores elaboracións en forma de tapa.
PERSOAL
Os representantes dos traballadores autónomos entregáronlle o seu Estatuto á concelleira de Persoal
A concelleira de Persoal, Rosa Fernández Somoza, reuniuse con representantes da Asociación Nacional de Empresarios e Profesionais Autónomos.
EDUCACIÓN
Ábrese o prazo de pre-inscrición para o programa "Vivir Zaragoza".
O programa Vivir Zaragoza abriu o prazo de pre-inscrición, que se prolongará ata o 20 de xuño. Este programa, convocado pola Deputación da Coruña, está dirixido a nenos de 10 a 14 anos da provincia.