CULTURA
O II Ciclo Revelando Voces continúa con dous novos concertos nos CSC de Conxo e do Castiñeiriño
O II Ciclo Revelando Voces continúa con dous novos concertos esta semana. O mércores 21, no CSC de Conxo, tempo para gozar coa música de Miguel Alonso, e o xoves 22, no CSC do Castiñeiriño, coa de O Leo i Arremecághona!!!.
TURISMO
Xornalistas brasileiros visitan Santiago
Turismo de Santiago recibiu a oito xornalistas brasileiros que visitan a capital galega nunha viaxe de familiarización organizada en colaboración coa Oficina de Turismo Española de Sao Paulo.
CONSORCIO
Harold Varmus, Premio Nobel de Medicina 1989, abre a edición 2008 do programa ConCiencia
Unha das maiores autoridades científicas mundiais na investigación do cancro, Harold Elliot Varmus, abrirá en Santiago a edición de 2008 do programa ConCiencia, organizado pola Universidade de Santiago en colaboración co Consorcio e coa Fundación Caixa Galicia.
CIDADE HISTÓRICA
Rematados os traballos de consolidación de pavimento da rúa Bautizados
A Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica impulsou as obras de consolidación do pavimento da rúa Bautizados que foron realizadas entre o 7 de abril e o 16 de maio. No total foron 25 xornadas de traballo, 5 menos das 30 previstas inicialmente. O proxecto contou cun orzamento total de 27.296 euros para cubrir os traballos necesarios de reposición e reparación do enlousado de pedra existente nesa rúa.
ALCALDÍA
Celebradas as Xuntas Xerais das empresas municipais EMUVISSA, TUSSA e INCOLSA
No salón de plenos do Concello, tiveron lugar as tres Xuntas Xerais Ordinarias das Empresas Municipais EMUVISSA, TUSSA e INCOLSA, presididas polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Nas mesmas procedeuse á aprobación das contas anuais, dos informes de xestión e da distribución dos resultados relativos ao exercicio 2007, así como a redacción, lectura e aprobación das correspondentes actas.
CONSORCIO
O Consorcio aproba a encomenda de xestión do Concello para o mantemento dos enlousados da Cidade Histórica
A Comisión Executiva do Consorcio aprobou a encomenda de xestión a favor do Concello para o mantemento dos enlousados do Casco Histórico. As actuacións de conservación iniciaranse a partir do mes de xullo e destinarase un orzamento de 150.000 euros. Para 2009, o investimento para estas tarefas de mantemento será de 300.000 euros.