ALCALDÍA
O alcalde expresa a necesidade dun acordo orzamentario "que non hipoteque o futuro das contas do Concello"
Na súa habitual rolda dos venres, o alcalde compostelán analizou as negociacións para pechar o acordo dos orzamentos de 2008. Segundo Xosé A. Sánchez Bugallo, as contas "deben axustarse con prudencia aos escenario económico no que estamos".
ALCALDÍA
Perfílase o documento definitivo sobre a parte non aprobada inicialmente do PXOM
O alcalde anunciou para o martes 6 de maio a segunda xuntanza da Comisión de Dirección do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no que se procederá a entrega oficial da documentación, completada e corrixidos os erros, aos grupos municipais. Pasarase así ao debate en Comisión, co obxectivo de que a mediados de maio estea lista a proposta que finalmente se presentará no Pleno municipal.
CULTURA
Ciclo de cinema mudo e música en directo no Principal
O luns 5 de maio comeza o ciclo de Cinema Mudo organizado pola Concellaría de Cultura. O celebrouse por primeira vez en setembro de 2007 e tivo un grande éxito de público.
CONSORCIO
Comeza o Compostela Organum Festival con Bruno Forst e co cuarteto de metais da Real Filharmonía de Galicia
Entre o 3 e o 17 de maio, a Catedral e as igrexas da Universidade e Ánimas, acollen un novo ciclo do Compostela Organum Festival; unha iniciativa estreitamente vencellada ao patrimonio relixioso de Santiago e á revitalización dos órganos, herdeiros dunha tradición musical secular na historia de Compostela.
FESTAS
A décima edición da Festa dos Maiores reunirá a 2.000 persoas no recinto feiral de Amio
A partir das 13:00 horas do sábado 3 comezará a décima Festa dos Maiores. Unhas 2.000 persoas congregaranse no recinto feiral de Amio para pasar un día agradable. Terán un espectáculo de cabezudos e un xantar a base de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro e tarta de Santiago. A continuación, e tras a sobremesa, bailarán ao ritmo da orquestra Nueva Moda.