COMERCIO
Compostela Outlet quere consolidarse como gran evento de compras na súa segunda edición
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou Compostela Outlet 2008. II Feira do comercio polo miúdo, que se celebrará os días 26 e 27 de abril no recinto feiral de Amio. 107 establecementos participarán no evento.
ALCALDÍA
O Concello plasmará nun convenio a súa colaboración coa Fundación Amigos de Galicia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse con representantes da Fundación Amigos de Galicia, encabezados polo seu presidente, Jesús Busto Peteiro.
PLENO
O Pleno aproba unha pequena modificación no Plan Parcial do SUNP-22, en Castro de Abaixo
O Pleno municipal aprobou por unanimidade unha modificación puntual do Plan parcial do SUNP-22 de Castro de Abaixo. Trátase dunha reordenación do volume edificable nos quinteiros 17,20 e 21 e da substitución da vía pública prevista entre os quinteiros 17 e 20 por outra de acceso restrinxido a residentes.
CONSORCIO
Unha nova publicación recupera a produción bibliográfica compostelá entre 1501 e 1553
Nun acto celebrado na Biblioteca Pública "Ánxel Casal", o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou un volume sobre a produción e comercio do libro en Santiago no século XVI realizado por Benito Rial. Esta publicación recupera a produción e distribución bibliográfica compostelá entre 1501 e 1553
BENESTAR SOCIAL E MULLER
Dous alumnos do San Xosé de Cluny fanse cos premios do Concurso sobre corresponsabilidade familiar
Ángel Jorge Iglesias e José Manuel Vigo Cacheda, ambos do Colexio San Xosé de Cluny, fixéronse cos dous primeiros premios, respectivamente, do Concurso de ideas sobre corresponsabilidade familiar nas tarefas domésticas, convocado pola Concellería de Benestar Social e Muller. O fallo do xurado fíxose público nun acto celebrado no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, ao que asistiu a concelleira Mar Martín.