ALCALDÍA
Os empresarios da cidade prestan o seu apoio á presenza de Santiago na Expo Shanghai 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse cos presidentes das principais asociacións empresariais da cidade para falar da presenza de Santiago na Expo Shanghai 2010. Todos eles manifestáronlle o seu apoio a esta participación, que consideran "unha honra e unha oportunidade única" para a cidade.
TURISMO
A campaña turística de inverno pecha cun crecemento do 21,3% nas noites de aloxamento
Entre novembro de 2007 e marzo de 2008, o programa Santiago de Compostela, repetirás facturou en venda directa 5.276 noites de aloxamento en 17 hoteis composteláns de unha a cinco estrelas. Así o indican os datos do turoperador Compostur, xestor das reservas efectuadas dende toda España e Portugal polas axencias Transhotel, Mundicolor e Viagal.
ALCALDÍA
Compostela quere ser sede dun congreso internacional de xornalistas en 2010
A directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán. Na xuntanza, os xornalistas explicáronlle a Sánchez Bugallo as actividades que a entidade ten previstas para os vindeiros meses e o avance dalgunhas máis a longo prazo.
ALCALDÍA
O Concello celebra a tradicional Xornada de portas abertas
O pazo de Raxoi, sede da Administración Local, celebra ao longo do mércores día 23 de abril a xa tradicional xornada de portas abertas. Neste día todos os composteláns e tamén os turistas que queiran coñecer as dependencias municipais sitas na praza do Obradoiro poderán achegarse ata o Concello.
MEDIO AMBIENTE
Alumnos de secundaria participan nunha plantación de árbores no Pedroso
A Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel co-organizou unha plantación de árbores con motivo do Día da Terra con alumnado do Colexio La Salle. A plantación realizouse no marco do plan de restauración ambiental e acondicionamento do Pedroso que está realizando a Consellaría de Medio Rural. Na actividade participou, ademais da concelleira Elvira Cienfuegos, a delegada provincial da Consellería, Olga García Agra.
DEPORTES
A Volta da Ascensión aumenta o seu nivel
A Volta Ciclista da Ascensión celebra unha nova edición os días 1, 2 e 3 de maio nas categorías Elite e Sub-23. A proba aumenta en 2008 a súa calidade, pasando a ser a competición de maior rango que se dispute en Galicia das previstas para esta temporada nas probas por etapas, segundo o ranking da Unión Ciclista Internacional (UCI).