ALCALDÍA
O Concello e Caixa Galicia renovan a súa colaboración na programación cultural da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez, asinaron un convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Caixa Galicia para a realización de diferentes actividades culturais. O acordo renova a colaboración que ambas entidades veñen mantendo nos últimos anos e supón para Santiago unha importante axenda de actividades culturais para este ano 2008.
EDUCACIÓN
O programa "Comer cos cinco sentidos" promoverá hábitos saudables entre os escolares composteláns
A Concellaría de Educación e a Asociación Provincial de Empresarios de Restauración poñen en marcha o programa didáctico Comer cos cinco sentidos. O seu obxectivo é promover hábitos saudables entre os escolares de educación infantil e primaria de Santiago.
EDUCACIÓN
Santiago únese á Semana de Acción Mundial pola Educación
Do 21 ao 27 de abril celebras a Semana de Acción Mundial pola Educación. ONGs, sindicatos do eido educativo, centros escolares e movementos sociais de diversa índole únense tamén en Santiago a esta iniciativa global, coa que se quere reclamar o cumprimento dos compromisos do Cumio de Dakar de 2000, onde a comunidade internacional se comprometeu a garantir o acceso a unha educación de calidade para todos antes do ano 2015.
ALCALDÍA
Créase a comisión que avaliará os proxectos gañadores do concurso de ideas da praza de Galicia
A Xunta de Goberno aprobou a creación dunha comisión que avaliará os proxectos gañadores no concurso de ideas para a reordenación da Praza de Galicia. Esta comisión elaborará unha proposta, no prazo de dous meses, sobre a viabilidade das propostas gañadoras do devandito concurso.
INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Resolto o contrato de execución das obras da nova sede dos bombeiros
A Xunta de Goberno acordou resolver por causa imputable ao contratista o contrato de elaboración do proxecto básico e de execución e da dirección da obra da nova sede de bombeiros.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente participa nunha plantación de arbores no Monte Pedroso realizada por alumnos de Secundaria
O martes 22, a Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel co-organiza unha plantación de árbores con motivo o Día da Terra con alumnado do Colexio La Salle. A plantación realizase no marco do plan de restauración ambiental e acondicionamento do Pedroso que está realizando a Consellería de Medio Rural.
URBANISMO
Impulso ao centro de saúde da zona vella
O Goberno local ratificou o convenio entre o Concello e a USC polo que se obtén unha parcela en Galeras destinado a un centro de saúde para a zona vella. O acordo tamén contempla a cesión á USC de terreos situados ao oeste da estrada de San Lourenzo, para os edificios docentes e investigadores.
INFRAESTRUTURAS
Obras en diversos vieiros por máis de 700.000 euros
O Goberno municipal acordou iniciar os expedientes de contratación de ata seis obras de mellora noutros tantos vieiros do municipio. Esta actuacións, incluídas no Plan de Obras da Deputación da Coruña, supoñen un investimento de 700.690 euros.
ALCALDÍA
Chega dende Cuba a mostra "Sorolla e os seus contemporáneos"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición "Sorolla e os seus contemporáneos". A mostra estará na sede da Fundación Caixa Galicia ata o 6 de xullo.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao ministro de Transportes de Uruguai
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Transportes e Obras Públicas de Uruguai, Víctor Rossi.