EDUCACIÓN
Os Premios Educacompostela renovan a súa aposta pola innovación pedagóxica
Chega a sexta edición dos Premios Educacompostela, na busca de recursos educativos en prol da innovación, da calidade educativa e da renovación pedagóxica. Os mellores traballos recibirán premios de 1.200, 900 e 600 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Alba Cid e David Vázquez gañan os premios "Aurelio Aguirre" e "José Saramago"
O V Certame de poesía Aurelio Aguirre e o VII Certame de relato curto José Saramago xa teñen gañadores. Son, respectivamente, Alba Cid Fernández e David Vázquez Álvarez. Nesta edición presentáronse 27 traballos de poesía e 21 relatos curtos.
CULTURA
Expóñense no Auditorio os debuxos feitos polos rapaces nos talleres da "Historieta Galega 1973-2008"
Dentro do programa de actividades desenvolvidas con motivo da mostra A Historieta Galega, os debuxantes Norberto Fernández, Jacobo Fernández, Fran Bueno e Pepe Carreiro impartiron os seus talleres nos que introduciron e mostraron aos pequenos as técnicas para facer historietas. O resultado destes talleres, que tiveron un gran éxito de público, pode verse nos debuxos que agora se expoñen no Punto de lectura da sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.
CULTURA
A contralto Ewa Podles e a Orquestra Sinfónica de Galicia interpretan obras de Rossini
O xoves 17 de abril, ás 21:00 horas, terá lugar un novo concerto de abono no Auditorio. Nesta ocasión, a protagonista é a Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a batuta do seu titular, Víctor Pablo Pérez.
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse coa nova directiva da asociación veciñal "O Ensanche"
A asociación veciñal "O Ensanche" conta con nova directiva. Os seus integrantes reuníronse co alcalde, Xosé A. Bugallo, no centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
ALCALDÍA
Compostela únese ao programa Thao para a prevención da obesidade infantil
Thao-Salud Infantil é un programa de prevención da obesidade infantil que se realiza a nivel municipal, con accións continuadas durante catro anos. Santiago decidiu unirse ao mesmo. Sobre este tema falaron en Raxoi o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o catedrático de Pediatría Rafael Tojo.
CULTURA
Máis espectáculos repartidos por toda a cidade nunha nova xornada de Compostela Máxica
Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo terá o xoves 17 de abril unha das súas xornadas máis completa. Serán 13 os diferentes espectáculos que se poderán desfrutar por todo Santiago, incluíndo dúas galas familiares no Teatro Principal.