CULTURA
Cita coa música de cámara de Galicia
Do 22 ao 29 de xullo, os afeccionados á musica de cámara teñen unha cita co Festival Cameralia. Máis de cen destacados profesionais de varios países darán concertos polas principais cidades de Galicia, cunha especial programación reservada a Santiago de Compostela.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 80 expositores participarán na Feira do Comercio de San Pedro
Dentro do programa de actividades das súas festas, o barrio de San Pedro celebrar unha Feira do Comercio. Será o sábado 30 de xuño e está prevista a participación de máis de 80 expositores.
ALCALDÍA
Santiago será sede dunha exposición itinerante organizada pola Conferencia de Cidades do Arco Atlántico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou nas reunións dos grupos de traballo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA) que se está a celebrar en Chester (Inglaterra) e que versaron sobre desenvolvemento urbano e cidades portuarias; cultura e patrimonio e desenvolvemento económico.