CULTURA
A lembranza da derradeira estadía de Valle-Inclán na cidade abre a colección "Cadernos de Compostela"
"Valle-Inclán en Compostela. A derradeira estadía en Galiza", é o primeiro título da nova colección "Cadernos de Compostela", promovida pola Concellaría de Cultura. Estas publicacións nacen co obxectivo de promover os estudos locais, materia da que se encargará o Centro de Estudos Composteláns Ánxel Casal.
REHABILITACIÓN
"Reflexos": como recuperar unha cidade
O Teatro Principal acollerá os días 25 e 26 de xuño as xornadas "Reflexos. Recuperación dunha cidade". Trátase dun evento no que "os protagonistas non serán as Administracións, senón os comerciantes, os promotores e os técnicos que traballan no deseño da cidade", tal como explicou a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico en funcións, Mercedes Rosón.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Rede de Cooperación Empresarial desenvolve nove cursos dirixidos ás empresas Equal
As 45 empresas de Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, poden beneficiarse dos cursos programados pola Rede de Cooperación Empresarial. Ata outubro impártense nove actividades formativas, sete relacionadas con informática e as outras dúas con comercio. Na última semana creáronse tres novas empresas no marco deste proxecto. 31 delas (68,9%) foron constituídas por mulleres. 32 empresas naceron en Santiago, oito en Ames, catro en Val do Dubra e unha en Brión.
NOVA LEXISLATURA
Todo listo para a constitución da nova Corporación municipal
O sábado 16 de xuño, ás 13:00 horas, terá lugar a sesión constitutiva da Corporación municipal que afrontará a lexislatura 2007-2011. O acto rematará coa elección e toma de posesión do alcalde.
AEROPORTO
Lavacolla será a base dun novo avión de Salvamento Marítimo
O aeroporto compostelán de Lavacolla será a base dende a que operará un novo avión de Salvamento Marítimo, bautizado como Rosalía de Castro, que dará servizo á fachada galaico-cantábrica.
BENESTAR SOCIAL
O Concello de Santiago recibiu o premio Cocemfe
A concelleira de Benestar Social en funcións, Adelaida Negreira, recolleu en Madrid o Premio Cocemfe, outorgado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica. Compostela obtivo o premio na categoría de Corporación Local, polo seu traballo "na eliminación de todo tipo de barreiras para las persoas discapacitadas".