CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ciencia, música, xogos e teatro na III Semana Cultural do Castiñeiriño
A concelleira en funcións de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez presentou a III Semana Cultural do Castiñeiriño. Do 12 ao 16 de xuño, todos aqueles que o desexen poden achegarse ata este centro sociocultural para gozar de diversas actividades para tódalas idades.
REHABILITACIÓN
Ratificado o Estudo de detalle para a rehabilitación integral de Vista Alegre
O Goberno local aprobou inicialmente o Estudo de detalle para a rehabilitación integral do Barrio de Vista Alegre, redactado polos arquitectos Celestino García Braña e Isabel Aguirre. Este traballo ofrece unha cobertura normativa aos cambios físicos que se producirán en virtude desta intervención, respondendo así mesmo ás demandas dos veciños.
EDUCACIÓN
Apróbanse as listas provisionais para as escolas infantís de Conxo e de Fontiñas
A Xunta de Goberno local aprobou as listas provisionais de admisión e de espera para o curso 2007-2008 nas diferentes unidades das escolas infantís municipais de Conxo e de Fontiñas.
BENESTAR SOCIAL
Adxudicada a explotación do Servizo de Axuda no Fogar
O Goberno local adxudicou á empresa Clece a explotación do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Santiago para os vindeiros dous anos. O importe queda fixado en 12,58 euros/hora en días laborables e a 13,49 euros/hora en domingos e festivos.
TURISMO
Turismo de Santiago busca aos novos "chaquetas vermellas"
Turismo de Santiago, en colaboración coa Oficina de Voluntariado e o Consello Social da Universidade de Santiago, convoca un verán máis a todos os voluntarios que desexen formar parte da nova xeración de "chaquetas vermellas".
TURISMO
Candela presenta un relatorio no Foro Internacional sobre Turismo en Túnez
Santiago de Compostela estará representada polo seu concelleiro de Turismo en funcións no V Foro Internacional sobre Turismo para Parlamentarios e Autoridades Locais, que celebra a Organización Mundial do Turismo en Yasmine Hammamet (Túnez) entre o 13 e o 15 de xuño.
PROMOCIÓN ECONÓMIMCA
O Proxecto Crear III péchase con 58 insercións laborais
Un total de 58 persoas accedeu ao mercado laboral no último ano grazas ao Proxecto Crear III, desenvolvido pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego. Este programa favorece a inserción laboral de persoas con especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo, como mulleres, mozos sen emprego anterior, desempregadas e desempregados de longa duración, inmigrantes e emigrantes retornados e mulleres e homes con algún tipo de discapacidade.