ALCALDÍA
Os nenos tomaron o Pleno por un día
Un grupo de alumnos de primaria dos colexios de Vite, Sar e La Salle foron protagonistas dunha nova edición da Xornada de portas abertas no Concello compostelán. Nuns animados e didácticos plenos infantís, tiveron a ocasión de sentirse concelleiros por un día e de manifestarlle ao anfitrión, Xosé A. Sánchez Bugallo, as súas reivindicacións.
URBANISMO
Compostela medrará cara o norte con máis de 10.000 vivendas
A zona norte de Compostela será o principal foco de expansión da cidade nos vindeiros anos, grazas a un novo proxecto urbano que permitirá a construción de máis de 10.000 vivendas. O alcalde anunciou a aprobación desta proposta detallada de ordenación da zona norte, que será aprobada na Xunta de Goberno do luns 22 de abril.
ALCALDÍA
Visita en Raxoi do xuíz de menores Emilio Calatayud
O alcalde recibiu en Raxoi a Emilio Calatayud, xuíz titular do Xulgado de Menores número 1 de Granada, moi coñecido polas súas sentenzas educativas e rehabilitadoras. A aplicación da Lei do menor e a necesidade de explicala axeitadamente foi un dos temas dos que falaron nesta xuntanza.
CULTURA
O grupo Arrás presenta o seu primeiro disco "Asumindo riscos"
O concelleiro de Cultura Néstor Rego e membros do grupo Arrás presentaron o concerto de presentación do seu primeiro disco "Asumindo riscos" que terá lugar o sábado 21 de abril, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas terán un prezo único de 5 euros e poderanse mercar no lugar do concerto.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Encontro Internacional de Equal pon de manifesto a importancia das políticas de xénero no desenvolvemento local
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e o alcalde de Ames, Carlos Fernández, como representantes da Comisión Executiva da Agrupación de Desenvolvemento Equal Compostela Social, inauguraron o Seminario Transnacional "O impacto dos Proxectos Equal no desenvolvemento local desde unha perspectiva de xénero". O seminario enmárcase no Encontro internacional para o desenvolvemento local desde a transversalidade de xénero, organizado pola Agrupación de Desenvolvemento Equal Compostela Social. Nas...
ALCALDÍA
Os arquitectos de Galicia entregaron os seus premios
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) entregou os XII Premios de Aquitectura de Galicia, nun acto celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao evento.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Os veciños de Compostela homenaxearon aos presidentes das asociacións "Raigame" e "Ponte Sionlla"
O restaurante Castro acolleu a cea coa que o Concello e os veciños de Santiago quixeron render homenaxe a Xaquín Mato Castro, presidente da asociación "Raigame" do Ensanche, e a María Cruz Vázquez Veiga, máxima responsable da asociación "Ponte Sionlla" de Enfesta, pola súa longa traxectoria no movemento veciñal.