CULTURA
O Festival d’Gorra presenta varias exhibicións de acrobacias aéreas
Unha nova atracción chega ao Festival d’Gorra. Trátase dos Espazos aéreos, unha invitación a gozar das acrobacias aéreas na Alameda. O espectáculo comezará ás 18:00 horas e prolongarase aos días 25 de 26 da man das compañías Almacabra, Teatro Deluxe e Duelirium.
CULTURA
Soul e blues nunha nova xornada de "Feitoamán"
O Calexón do Curro da Parra e a Praza dos Gatos acollerán, respectivamente, as actuacións do Carmen Rey Quinteto e de Blues Vivo Afrocuncas. Nova cita ás 22:30 horas en "Feitoamán".
CINEMA
Retrospectiva galega en CurtoCircuíto
Un novo xoves de proxeccións en CurtoCircuíto na Rúa. A Praza de Abastos será o escenario no que cinema e música se xunten unha vez máis a partir das 22:00 horas. Nesta ocasión farase unha retrospectiva dalgunhas das mellores curtametraxes galegas. A música corrrerá a cargo de Jordanairs.