XUNTA DE GOBERNO
O Programa de edificios tutelados contará cun orzamento de medio millón de euros
A Xunta de Goberno municipal aprobou a convocatoria do Programa de edificios tutelados da cidade histórica, cuxa xestión corresponderá a EMUVISSA. Esta iniciativa vai permitir a rehabilitación e recuperación dalgúns edificios da zona histórica, que serán posteriormente alugados para recuperar o investimento realizados nos mesmos. Para esta primeira convocatoria, o Consorcio de Santiago achega 500.000 euros.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL
Compostela solidarízase coas vítimas do conflito bélico do Líbano
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou unha declaración institucional, na que se solidariza coas vítimas da loita entre Israel e Hezbolá no Líbano. No texto, condénanse as accións violentas do exército israelita no sur deste país, consideradas como un atentado aos dereitos humanos, e demándase o cese das hostilidades na zona.
REHABILITACIÓN
A primeira convocatoria do Programa de mantemento de edificios recibiu 36 solicitudes
O Consorcio e o Concello de Santiago recibiron 36 solicitudes para o mantemento de edificios na cidade histórica, unha vez pechado o prazo o pasado 31 de xullo. Practicamente tódalas solicitudes se refiren á galerías e fiestras de madeira, co que se confirma que este programa cobre un baleiro en relación ás obras de mantemento que viñan afrontando en solitario os propietarios de Santiago. A subvención das obras para galerías de madeira e carpinterías é ata dun 50%, mentres que para o resto das obras é ata dun...
SEGURIDADE
O comisario xefe do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Enrique León, despediuse do alcalde
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao comisario xefe do Corpo Nacional de Policía de Santiago, Enrique León, quen deixa o seu cargo.