DEPORTES
O Multiusos comeza a temporada cunha oferta de servizos máis ampla e o campo de fútbol de Santa Isabel con novos vestiarios
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as últimas actuacións de mellora levadas a cabo en dous equipamentos deportivos da cidade. En primeiro lugar, o rexedor comprobou de primeira man as dúas novas salas construídas no Multiusos Fontes do Sar e nas que se investiu un total de 102.000 euros. No campo de fútbol de Santa Isabel, comprobou as obras realizadas na zona dos vestiarios, onde se contruiron 4 para os xogadores e 2 para os árbitros. O orzamento para esta obra foi de 368.300 euros.
TURISMO
149 curtas de 38 países optarán aos premios de Curtocircuíto
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a Concellaría de Cultura, seleccionou esta semana os títulos que formarán parte da Sección Competitiva do Festival.
ALCALDÍA
O alcalde amosa o seu apoio ao congreso que a Federación de Pensionistas e Xubilados celebrará na cidade
O evento terá lugar os vindeiros 6, 7 e 8 de outubro e está organizado pola Federación Territorial de Pensionistas e Xubilados de Galicia-UDP (Unión Democrática de Pensionistas).
CULTURA
A programación cultural de setembro ten como protagonistas as artes escénicas
A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, presentou aos medios de comunicación o programa cultural previsto en Compostela para o mes de setembro. Así mesmo, a edil fixo unha valoración do recén finalizado Festival dos Abrazos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica destina 68.000 euros para a creación de empresas e para o desenvolvemento de proxectos empresariais
O Concello destina 68.000 euros ás convocatorias do programa Compostela Activa 2008 de promoción do emprendemento. 40.000 euros son para a liña de Axudas para a creación de novas empresas e 28.000 euros para o Concurso de novas ideas empresariais. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro. Este programa ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba obras na iluminación de varias parroquias de Compostela por valor de máis de 60.000 euros
Cesar, Barciela e Laraño verán mellorada a iluminación das súas rúas xa que a Xunta de Goberno Local procedeu a adxudicar as obras de modernización no alumeado público destas áreas á empresa Daviña por un importe de 60.200 euros. Este foi un dos asuntos máis relevantes tratados na primeira xuntanza do órgano tralas vacacións estivais.
EMUVISSA
Aprobado o acordo para a permuta de terreos no Sunp-12 de Lamas de Abade
O Consello de Administración de Emuvissa, presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou hoxe o acordo de expropiación mediante a adxudicación de terreos no ámbito do polígono SUNP-12 de Lamas de Abade.
PXOM
A Xunta aproba definitivamente a totalidade do PXOM de Santiago
O alcalde amosou a súa "inmensa satisfacción" polo acordo da Xunta, posto que "todos os obxectivos previstos no Plan Xeral de Ordenación Municipal están garantidos ao 100%".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Media Lúa, Xanana e Andrómenas, premiados no concurso de escaparatismo de verán
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou as bandas de escaparatismo aos tres premiados na Edición de Verán do V Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping": ao estabelecemento de decoración Andrómenas, á tenda de marroquinería Media Lúa, e a Xoiaría Xanana. O obxectivo do concurso é contribuir á dinamización das actividades comerciais, incentivando aos comerciantes a ofrecer unha imaxe comercial coidada e orixinal de xeito...
EDUCACIÓN
Continúan as actividades para os nenos e nenas composteláns na Escola de Verán
Do 1 ao 5 de setembro, antes do comezo do curso escolar para os alumnos, varios colexios composteláns abren as súas portas para celebrar unha nova edición da Escola Municipal de Verán. Deste xeito, as familias poden dispor dunha oferta educativa e de lecer de balde nestas datas, que ademais rendibiliza os equipamentos escolares.