TURISMO
Compostela presenta en China un plan de turismo integral para a cidade patrimonio de Qu Fu
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, presentou en rolda de prensa un balance do traballo realizado polos representantes de Turismo de Santiago e do Concello a pasada semana en Qu Fu, Cidade Patrimonio da Humanidade obxecto do programa de revalorización turística Asia URBS Heritage da Comunidade Europea, liderado por Santiago de Compostela e Rennes.
ALCALDÍA
O alcalde recibe ao cónsul de Francia en Bilbao
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao cónsul de Francia en Bilbao, Thierry Frayssé en visita de cortesía.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E MERCADOS
Un estudo amosa a boa saúde do comercio compostelán
A concellería de Comercio e Mercados presenta datos que amosan a "boa saúde" do comercio compostelán, e promoverá entre os comerciantes composteláns un concurso de escaparatismo.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Educación e Mocidade pon en marcha o programa xeral de actividades para este curso
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos presentou o programa xeral de actividades para o curso escolar de 2005-2006, que se recollen na publicación que leva por título "Educación e Mocidade, programas e recursos".
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Mozos composteláns poderán viaxar a Europa para realizar un proxecto de cooperación a través do Servizo de voluntariado Europeo
Un servizo conveniado entre a Escola de Tempo Libre Don Bosco e o Departamento de educación e mocidade do Concello de Santiago permite axudar aos mozos e mozas composteláns a acceder ás posibilidades que ofrece Europa para o fomento dos intercambios, a educación intercultural e a aprendizaxe das linguas.
DEPORTES/EDUCACIÓN
"Á auga patos" impulsará a natación entre os escolares
Os departamentos de Deportes e Educación desenvolverán durante o curso escolar 2005-2006 o programa de Natación Escolar "Á auga patos", a través da empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos SL (Xade), que xestionará os equipamentos deportivos para organizar o programa, isto é, o Parque deportivo do Sar (piscina e multiusos) e o Complexo deportivo de Santa Isabel.
REAL FILHARMONÍA
A Real Filharmonía Galega inicia a nova temporada na Catedral, no seu décimo aniversario
A Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre William Lacey, inicia a temporada 2005-2006 o xoves 6 cun concerto de pretemporada na catedral de Santiago, no que se interpretarán obras de Haydn e Bach. A Real Filharmonía celebra este ano o décimo aniversario da súa creación.
TURISMO
Turismo de Santiago promove en Frankfurt os novos enlaces aéreos con Lavacolla
A empresa municipal de Turismo participará o día 5 de outubro no evento ‘Entdecken Sie Galicien’, que organiza Turgalicia para presentar as novidades do turismo galego no Zoo Palais da capital financeira alemana.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica premiará novas ideas empresariais e promoverá o seu desenvolvemento
O novo programa Compostela Activa busca impulsar o espírito emprendedor en Santiago apoiando a creación e desenvolvemento de novas ideas empresariais na cidade.
XUNTA DE GOBERNO
Cen novas papeleiras para Fontiñas
A Xunta de Goberno Local celebrada o luns 3 de outubro aprobou o subministro de papeleiras para o barrio das Fontiñas, que custarán uns 18.980 euros.