PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Concellaría de Promoción Económica presenta un boletín de ofertas de emprego que se distribuirá de balde entre a cidadanía
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o primeiro número do Boletín de ofertas de emprego Máiscompostela. Esta publicación gratuíta, que ten unha tirada inicial de 1.000 exemplares, contén, nas súas oito páxinas, unha media de 170 ofertas.
MEDIO AMBIENTE
Un estudo multidisplinar será a base para realizar o Plan director dos ríos de Compostela
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago, Elvira Cienfuegos, presentou o inicio do estudo para a redacción dun plan director dos ríos de Compostela. Segundo explicou a edil o proxecto está financiado pola Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia, a través do programa operativo europeo Adaptabilidade e emprego. Na presentación estivo acompañada por dous dos membros da equipa que desenvolverán os traballos, o biólogo Asier Rodríguez Larrinaga e o xeógrafo Javier Asorey.
XUVENTUDE
Dous grupos premiados no segundo certame de MúsicaXove actuarán este sábado na Sala Capitol
Este sábado 17 de outubro terá lugar na Sala Capitol un concerto no que actuarán dous grupos premiados no 2º Certame MUSICAXOVE’09, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Santiago, dirixida por Xosé Baqueiro. Os composteláns Frab Fly e Agoraphobia, de Boiro, acompañarán no escenario ao grupo The Right Ons. Será a partir das 21,30 h.
MEDIO AMBIENTE E EDUCACIÓN
O Concello promove un curso máis a sensibilización medioambiental entre os máis novos
As concellarías de Educación e de Medio Ambiente, coa colaboración de ADEGA, poñen en marcha a oitava edición da Campaña de Educación Ambiental cun obxectivo claro: promover a sensibilidade da poboación escolar ante os problemas medio ambientais.
CASCO HISTÓRICO
As obras de reurbanización da Rúa do Espírito Santo comezarán antes de finais de ano
A popularmente coñecida como Rúa de Abaixo será reformada integralmente nos próximos meses tal e como anuncio Olga Pedreira, concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, durante a presentación aos medios do proxecto de reurbanización da Rúa do Espírito Santo. Durante a súa intervención a edil nacionalista estivo acompañada por Javier Fernández Muñoz, xefe de servizo da Oficina de Rehabilitación e Vivenda dependente da Concellaría.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 16 de outubro é o último día para inscribirse na edición de outono do Concurso de Escaparatismo
O 16 de outubro é o último día para inscribirse na Edición de Outono do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, o certame ten como obxectivo contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. Os/as comerciantes interesados poden apuntarse envíando os seus datos, (nome do estabelecemento,...
CULTURA
A soprano inglesa Joan Rodgers substitúe no concerto de mañá a Bernarda Fink, quen non pode actuar por causa dunha enfermidade
Mañá clausúrase no Teatro Principal o Ciclo de Lied que, neste ano no que cumpre o seu décimo aniversario, obtivo un grande éxito artístico e de público. Protagonista de última hora deste concerto, xunto ao pianista Roger Vignoles, será a soprano inglesa Joan Rodgers. Substitúe á mezzosoprano arxentina Bernarda Fink que se viu obrigada onte a cancelar a súa participación a causa dun problema de oído que lle impide realizar viaxes en avión durante unhas semanas. Seis anos despois da...
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Unha campaña anima ao alumnado a manter viva a lingua como falantes e como lectores
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago colabora na campaña de dinamización lingüística que desenvolve a Secretaría Xeral de Política Lingüística en convenio con diferentes editoriais galegas.
BENESTAR SOCIAL
O Concello renova a súa colaboración con Cruz Vermella
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente da Asemblea Local de Cruz Vermella, Rufino Constantino Pérez Outes a través do cal o Concello de Santiago apoia á Cruz Vermella no desenvolvemento de diversos programas e actividades.
EDUCACIÓN
A ludoteca itinerante Troularte achégase ao rural de Compostela
Co obxectivo de ampliar e diversificar a oferta lúdica destinada ao colectivo infantil do medio rural de Compostela, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a Ludoteca Itinerante Troularte.