PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concurso de novas ideas empresariais premia seis proxectos
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os proxectos premiados en cada unha das seis modalidades do Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2009. Este programa, enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
CULTURA
Presentado o XV Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou unha nova edición do Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Tradicional Galego. No acto acompañouna Rita Miramontes, presidenta da Asociación do Traxe Galego, entidade que convoca o certame por 15º ano consecutivo. O fallo do xurado coñecerase o día 10 de decembro nun acto que se celebrará no Concello.
ALCALDÍA
O Concello outorgará a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadá ao Colexio Compañía de María
A proposta do alcalde compostelán e presidente do Consello Asesor de Condecoracións, Xosé A. Sánchez Bugallo, o Pleno da Corporación aprobará, na súa sesión ordinaria do xoves 26 de novembro, a concesión da Medalla de Ouro ao Mérito Cidadá ao Colexio da Compañía de María de Santiago de Compostela, como agradecemento e recoñecemento do labor prestado ao longo de 250 anos.
ALCALDÍA
Solicitude dunha rúa para Agustín Sixto Seco
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a unha delegación encabezada polo director da Editorial Galaxia, Víctor Fernández Freixanes.
ALCALDÍA
Presentado ao Foro polo Civismo o estudo sobre a vida recreativa en Santiago
Nunha reunión celebrada na Casa das Asociacións, presentouse no Foro polo Civismo o estudo A vida recreativa en Santiago de Compostela: análise do estado da situación e propostas para previr os factores e as condutas de risco asociadas á mesma, encargado polo Concello e realizado pola Universidade de Santiago.
CULTURA
Mabel Rivera recolle o Premio Cineuropa en recoñecemento á súa faceta de actriz e produtora
O primeiro dos Premios Cineuropa desta 23ª edición leva un nome galego e rende tributo a unha dupla faceta pouco habitual na nómina de recoñecementos: a de actriz e produtora. Mabel Rivera recolleu este galardón pola súa carreira no Teatro Principal, nunha gala durante a cal se proxectaron Unha lousa sobre o Courel e O salario do silencio, os dous proxectos documentais que produciu e levou adiante con Henrique Banet.
MEDIO AMBIENTE
O Plan de Prevención de Incendios permitirá unha loita máis eficiente contra os lumes nos montes do municipio
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, presentou o Plan de Prevención de Incendios aprobado pola Xunta de Goberno na súa sesión do día 10. Conta xa tamén con visto bo da Dirección Xeral de Montes do goberno galego.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presenta a súa oferta turística en Suíza
Suíza estase convertendo, nos últimos anos, nun dos países emisores de turistas máis importantes para España, segundo os datos do Instituto de Turismo de España. Por este motivo, unha comitiva institucional do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España presentará esta semana a súa oferta turística no país helvético.
ALCALDÍA
O Consello Económico e Social insta á Xunta a actuar con coherencia e non como parte no conflito sobre a educación sanitaria
O Pleno do Consello Económico e Social, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou unha declaración institucional en apoio á Facultade de Medicina de Santiago. Na mesma ínstase ao Goberno da Xunta "para que a conselleira de Sanidade non actúe como parte no presunto conflito sobre a educación sanitaria, xa que como representante de todos os galegos debe actuar en favor do interese xeral".
ALCALDÍA
A primeira película europea de animación en stop-motion para 3D ródase en Santiago
O filme de produción galega O Apóstolo, primeira película europea de animación en stop-motion que se estreará en estereoscópico, será presentada ao público mundial en Santiago o 17 de xullo do ano 2010. Días despois estrearase nas salas de cine de todo o mundo.