CULTURA
Cineuropa 2008 estrea a longametraxe galega "Flores tristes", de Manuel Abad
O compromiso co cinema galego do Festival Cineuropa 2008 continúa certificándose xornada a xornada. Na tarde do venres 21 de novembro, no Teatro Principal, estrearase oficialmente a longametraxe documental Flores tristes, dirixida polo cineasta coruñés Manuel Abad.
EMPREGO
Trinta persoas acceden ao mercado laboral en só dous meses a través do Proxecto Crear V
Trinta persoas, das 75 que participan no Proxecto Crear V, accederon ao mercado laboral dende que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego empezou a desenvolver o programa, o día 15 de setembro. Esta cifra representa o 40% do total, e é cinco puntos superior aos obxectivos de inserción fixados pola Xunta de Galicia ao remate do programa, que son de 26 participantes, o 35% do total. Está previsto que o programa remate o 31 de outubro do 2009.
UMAD
Os usuarios da UMAD realizan unha curta sobre a dificultade de tomar decisións
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou a curtametraxe Buxaina, realizada polos usuarios da Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente (UMAD), actividade que se inclúe no programa socieducativo do centro.
CULTURA
Cineuropa premia a ollada diferente cos máis desfavorecidos do director arxentino Pablo Trapero
O director arxentino Pablo Trapero recibiu de mans do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o Premio Cineuropa 2008 en recoñecemento á súa traxectoria. Tras a gala de entrega, presentada pola actriz Camila Bossa e amenizada polo Cuarteto de Chelos da Real Filharmonía de Galicia, proxectouse o último filme do realizador, Leonera.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os emprendedores teñen unha nova cita en Compostela
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a III Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 2 de decembro no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia. O obxectivo da xornada, enmarcada no programa Compostela Activa, é fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participan distintas organizacións vinculadas ao emprendemento e ao desenvolvemento do emprego en Santiago.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O alcalde deulle a coñecer ao Consello de Relacións Veciñais os plans municipais para a creación de solo industrial
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu na Casa do Concello o Consello de Relacións Veciñais. Nesta reunión, os veciños foron informados dos plans municipais en canto a dotación de solo industrial previstos no recentemente aprobado Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e dos que xa están en marcha.
ALCALDÍA
Os proxectos da cooperación galega no exterior, recollidos nunha exposición itinerante
"Achégate! é o título dunha exposición itinerante que amosa os proxectos levados a cabo no Sur pola Cooperación Galega. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta mostra no seu paso por Santiago, acompañado pola directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta, Fabiola Sotelo.
CULTURA
Chega a Cineuropa 2008 "Blindness", a última creación do cineasta brasileiro Fernando Meirelles
Na xornada do xoves 20 de novembro chega á pantalla do Teatro Principal Blindness, un dos filmes máis agardados da tempada cinematográfica. O Festival Cineuropa ofrece aos afeccionados ao cinema de Compostela a oportunidade de gozar da última creación de Fernando Meirelles, autor, entre outros filmes, de Cidade de Deus.
TRANSPORTES
Aprobadas as novas tarifas de taxi para 2009
O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, presentou as novas tarifas de auto-taxi para 2009, aprobadas pola Xunta de Goberno. A tarifa mínima por quilómetro percorrido durante o día queda en 0,86 euros, quedando a baixada de bandeira en 3,25 euros. A suba media das tarifas é dun 4,3%.
XUNTA DE GOBERNO
Xosé Castro González e Avelino Pousa Antelo dan nome a dúas novas rúas en San Lázaro
A Xunta de Goberno local aprobou a realización de obras de mellora nos vieiros de tres parroquias: San Marcos, Villestro e Marantes. Entre os acordos adoptados figura tamén o estudo e recuperación da muralla medieval da cidade ou a asignación a dúas novas rúas de San Lázaro dos nomes de Xosé Castro González "Chané" e Avelino Pousa Antelo.