PLENO
Todo listo para a entrada en vigor dun PXOM que fará pasar á cidade de 15 a 32 millóns de metros cadrados
O Pleno tamén tomou coñecemento da Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes de 1 de setembro de 2008 que aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Conclúe así despois de sete anos a tramitación dun Plan que, en palabras do alcalde, fará pasar á cidade de 15 a 32 millóns de metros cadrados, dos que seis serán para solo industrial, outros tantos para vivenda e catro para dotacións.
PLENO
O Pleno municipal opta pola tecnoloxía de membranas para a EDAR
Cos votos favorables do Grupo de Goberno e o voto en contra do Partido Popular, o Pleno municipal aprobou unha resolución pola que se opta pola tecnoloxía de membranas para a futura estación depuradora de augas residuais (EDAR).
DEPORTES
O Polígono do Tambre acolle o Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual Cadetes e Féminas
As estradas do Polígono Industrial do Tambre serán o escenario o domingo 28 do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual Cadetes e Féminas, organizado pola Federación Galega de Ciclismo e a Fundación Compostela Deporte coa colaboración do Concello de Santiago e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT). Daranse cita todos os equipos galegos con ciclistas nas categorías: cadete, júnior e elite femininas e cadete masculina.
CULTURA E MEDIO AMBIENTE
Péchase o programa "Vive o verán" cunha romaría no Local Social de Marantes
O sábado 27 chega ao seu fin a primeira edición do programa de actividades ao aire libre Vive o verán, que organizaron a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Concellaría de Medio Ambiente. O remate do programa celebrarase cunha gran romaría no Local Sociocultural de Marantes aberta a público de todas as idades.
ALCALDÍA
A directora da Fundación Araguaney preséntalle ao alcalde a memoria de actividades da institución
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á directora da Fundación Araguaney, Ángeles Blanco. Esta presentoulle a memoria de actividades da institución e anuncioulle as súas próximas iniciativas.
ALCALDÍA
Profesores e alumnos de ciencias dos institutos composteláns comparten mesa e mantel con Stephen Hawking
Dentro do programa da súa visita a Santiago de Compostela, Stephen Hawking tivo ocasión de compartir uns momentos con profesores de ciencias e alumnos de bacharelato. Foi nun entrañable xantar ofrecido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo ao científico e aos seus acompañantes no hotel Porta do Camiño. Durante o acto, a filla do científico británico asinou, en nome do seu pai, no Libro de Ouro da cidade.
XUNTA DE GOBERNO
O martes de Antroido volverá a ser festa local pola coincidencia do San Roque en domingo
A Xunta de Goberno Local aprobou as datas das festas locais para 2009. Serán o 24 de febreiro, día do martes de Antroido, e o xoves 21 de maio, festividade da Ascensión.
MOBILIDADE
O Concello incorporará as últimas novidades tecnolóxicas aplicadas á optimización do tráfico
O Goberno local deu conta dunha subvención ao Ministerio de Fomento por importe de 600.000 euros para un programa piloto de mobilidade sostible. Esta subvención permitiría financiar o proxecto denominado "Optimización do tráfico de vehículos mediante a creación dunha web de tráfico urbano e mobilidade". A iniciativa tería un custo total de 675.645 euros.
COMERCIO
Os comercios teñen de prazo ata o 3 de outubro para inscribrise na a edición de outono do Concurso de Escaparatismo
O 3 de outubro remata o prazo de inscrición na edición de outono do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
CULTURA
A Concellaría de Cultura presta o seu apoio ao novo Centro de Estudos da Música Popular Galega
O Centro de Estudos da Música Popular Galega "aCentral Folque" bota a andar no mes de outubro en Santiago. A Concellaría de Cultura e a Consellaría de Cultura e Deporte apoian o nacemento deste novo proxecto que abarca o estudo e a promoción da nosa tradición musical, así como a formación de novos talentos.