PLENO
O novo campus educativo do Manuel Peleteiro, para 2009
O Pleno municipal, en sesión extraordinaria, aprobou definitivamente o Plan especial de equipamento docente de Monte Redondo (Montouto). Alí construirase o novo complexo educativo do Colexio Manuel Peleteiro, co obxectivo de que estea listo en 2009 e entón se efectúe o traslado dende as actuais instalacións no centro da cidade.
PLENO
O Regulamento do Pleno aposta pola transparencia na xestión e pola participación cidadá
Cos votos favorables do grupo de goberno e o pronunciamento negativo do PP, quedou aprobado inicialmente o Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago. Abrirase deste xeito un período de exposición pública, no que calquera poderá formular alegacións.
ALCALDÍA
A educación ambiental, factor clave para a transmisión do risco do cambio climático
A importancia da educación ambiental como medio para a transmisión do cambio climático é unha das cuestións que se está a debater no I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia, que se celebra en Santiago do 24 ao 27 de setembro.
PLENO
Francisco Candela formalizou no Pleno a súa renuncia á acta de concelleiro
O último punto da orde do Pleno extraordinario do 25 de setembro foi a renuncia á súa acta do ata agora concelleiro de Transportes e Mercados, Francisco Candela. Os tres grupos municipais recoñeceron o traballo de Candela, especialmente á fronte de Turismo.
ALCALDÍA
Fontiñas contará con novo pavillón polideportivo nos primeiros meses de 2009
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e as conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, asinaron un convenio de colaboración para a construción dun pavillón polideportivo en Fontiñas. Esta obra conta cun investimento de 2,5 millóns de euros, distribuídos en 3 anualidades, achegando cada unha das partes preto de 833.333 euros
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio solicitará a implicación do Goberno central na eliminación do cableado dos cascos históricos
Cuenca acolleu a Asemblea ordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Representando a Santiago estivo a concelleira Mar Martín. Na reunión acordouse solicitar unha entrevista coa vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, para trasladarlle unha serie de problemas cos que se atopan as cidades patrimonio, como a eliminación do cableado dos cascos históricos.
DEPORTES
Unha nova oportunidade para percorrer en bicicleta as rúas da cidade
O domingo 30 de setembro celebrarase unha nova edición do Día da Bicicleta. Esta exitosa convocatoria permitirá aos composteláns dar un paseo en bicicleta polas principais rúas da cidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Remata o prazo para participar no Concurso de Escaparatismo
O mércores 26 de setembro remata o prazo para inscribirse na Edición de outono do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007. Para participar, os comerciantes só teñen que cumprimenten o formulario que se adxunta coas bases e envialo por fax ao número 981 554 296. Tamén se poden inscribir no correo electrónico escaparatismo@santiagodecompostela.gal, facendo constar os seguintes datos: nome do estabelecemento, sector, nome e apelidos do propietario, enderezo, teléfono, fax e correo electrónico.
EDUCACIÓN
Máis de 200 familias xa matricularon aos seus fillos na Escola Municipal de Música
Xa son máis de 200 familias compostelás teñen matriculado aos seus fillos e fillas na Escola Municipal de Música. Este centro ofrece a oportunidade de educar a través da música a todas as persoas a partir dos catro anos.
MERCADOS
Mercagalicia aproba un orzamento de 519.430 euros para 2008
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mañá o Consello de Administración de Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago (Mercagalicia). No mesmo a entidade aprobou un orzamento de gastos para 2008 de 519.430 euros.