XUNTA DE GOBERNO
Máis de dous millóns e medio de euros para o arranxo inmediato de vías e beirarrúas
A Xunta de Goberno aprobou a apertura do expediente de contratación para o mantemento de vías e beirarrúas da cidade, por un importe total de 2.610.000 euros. Entre outros asuntos, deuse tamén o visto bo ao orzamento das festas da Ascensión, de 226.140 euros.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Presentación do programa Santiago-Une nunha xornada en Oviedo
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, presentará o mércores 28 de abril o programa Santiago-Une no marco da Xornada Informativa Europa polos cidadáns, que se celebrará no Palacio de Congresos-Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo.
CIDADE HISTÓRICA
Cidade Histórica solicita unha subvención para desenvolver un proxecto de reflexión colectiva sobre o espazo público
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou a solicitude de subvención ao Ministerio de Cultura para o proxecto O aire da cidade. Esta actividade pretende ser financiada polas axudas para proxectos de conservación, protección e difusión de bens declarados Patrimonio Mundial correspondentes ao 2010.
ALCALDÍA
Os delegados do Goberno nas comunidades do Camiño Francés fortalecen a coordinación de seguridade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi cos delegados do Goberno nas comunidades autónomas que atravesa o Camiño Francés. O obxectivo desta xuntanza era mellorar a coordinación en materia de seguridade e promover os itinerarios xacobeos e a súa riqueza patrimonial.
EDUCACIÓN
O Grupo de Cidades Patrimonio premia a máis de 220 escolares e reúneos en Córdoba
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniu en Córdoba a máis de 220 escolares gañadores da novena edición do programa educativo Coñecer as Cidades Patrimonio. Alí estiveron, en representación de Santiago, os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES de Sar, que gañaron esta edición co traballo denominado Segovia, tras as reixas dos que foron mud@s, dirixido pola profesora Carmen Alvariño Alejandro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E BENESTAR SOCIAL
Unha ruta adaptada para que os maiores fagan tamén o Camiño de Santiago
O programa Fai o Camiño Connosco, da Concellería de Participación Cidadá, inicia novas rutas de maio a xullo. Entre elas, e en colaboración da Concellería de Benestar Social, figura unha adaptada para os maiores, con rutas máis curtas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Decatístico reflicte unha década de estabilidade e desenvolvemento
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Decatístico Compostela Radiografía dunha década (1999-2009), elaborado polo Observatorio Estatístico. A publicación, que se poderá consultar no apartado Observatorio Estatístico da páxina web www.maiscompostela.org, contén gráficos, táboas e textos correspondentes aos últimos dez anos. Son, en conxunto, a ferramenta que.../em>
ALCALDÍA
Seis bos usuarios do colector amarelo irán de fin de semana a un balneario de Galicia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entregou os seus bonos de fin de semana nun balneario ou Spa aos seis gañadores do Concurso sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks, organizado pola Concellería de Servizos. A súa titular, Marta Álvarez-Santullano, tamén participou no acto.
COMERCIO
A maioría dos composteláns merca os alimentos frescos no Mercado de Abastos e os non frescos nos supermercados
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou as conclusións do estudo Hábitos de consumo no Concello de Santiago, enmarcado na liña Observatorio Comercial do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, xunto ao Censo de locais comerciais de Santiago de Compostela, recentemente presentado.
ALCALDÍA
A Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais une a 500 cidades do continente
A Conferencia de Redes de Cidades Europeas Transfronteirizas e Interrexionais (CECICN, nas súas siglas en inglés) quedou constituída nunha sesión celebrada no Hostal dos Reis Católicos. A nova entidade estará presidida durante os primeiros dous anos polo alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo.