FESTAS
Explosión Pop rende tributo á música española dos 80
O xoves 30 de xullo haberá tres citas musicais gratuítas nas Festas do Apóstolo: o tributo aos anos 70 a cargo de Black Stones, a Explosión Pop dos anos 80 e a actuación no Toural de Klezmatics.
EMPREGO
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego visita o Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, visitou o Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns, no que realizan prácticas os/as usuarios/as do Proxecto Persoa IV, e se forma o alumnado dos cursos de Formación para o Emprego. Nas instalacións, que se ampliaron en 2006 pasando de 1.300 a 1.600 metros cadrados, impártense especialidades con alta demanda laboral, por considerarse novos xacementos de emprego. Na visita participaron unhas setenta persoas, entre alumnado,...
TURISMO
Santiago mantén o número de pernoctacións no primeiro semestre de 2009
Os datos de pernoctacións do primeiro semestre están amosando a consolidación de Santiago de Compostela como destino nun entorno de crise económica que está afectar ao sector turístico. No primeiro semestre do ano producíronse na cidade 519.046 pernotacións, que repiten case exactamente as 519.327 do mesmo período do ano 2008, segundo os datos do INE. Santiago consegue manter o número de pernotacións nun momento no que hai un retroceso no sector turístico estatal, cunha baixada do 9,3%, e galego, cunha baixada...
CIRCULACIÓN VIARIA E MOBILIDADE
Presentado o dispositivo de tráfico e transporte para o concerto de Bruce Springsteen no Monte do Gozo
O Concello de Santiago preparou para o domingo 2 de agosto un operativo especial de tráfico e transporte para o concerto que Bruce Springsteen celebrará no Monte do Gozo a partir das 22:00 horas. Este concerto será o que máis xente teña traído á cidade dos celebrados ata o momento.
XUNTA DE GOBERNO
Visto bo ao proxecto de urbanización do tramo de Rosalía de Castro entre Romero Donallo e Volta do Castro
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto e iniciou o expediente de contratación das obras de reurbanización do tramo da rúa Rosalía de Castro entre Romero Donallo e Volta do Castro. Esta obra forma parte do chamado convenio de travesías asinado no seu día coa actual Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
EMPREGO
Os alumnos do Plan FIP 2008 e de sete cursos de construción desenvolvidos en maio e xuño reciben os diplomas acreditativos
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a xefa de Servizo de Planificación de Formación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Angeles Lestón, entregaron os diplomas ao alumnado dos cursos FIP 2008 (Formación e Inserción Profesional) e dos sete cursos do sector da construción pertencentes ao Plan de Formación 2009 que se desenvolveron no primeiro semestre de 2009. Ao acto, celebrado no Pazo de Raxoi, asistiron...
EDUCACIÓN
O Centro de Interpretación do Medio Rural de Portela inicia as súas actividades
Abriu as súas portas o Centro de Interpretación do Medio Rural de Santiago de Compostela, situado no que foi a escola rural de Portela, na parroquia de Figueiras. Este centro será un recurso importante para coñecer aspectos sobre o medio rural, a conservación do entorno e o uso razoable dos recursos.
FESTAS
Macaco presenta o seu novo disco en Santiago
A xornada do mércores 29 nas Festas do Apóstolo ten como prato forte do día a presenza de Macaco na praza da Quintana, ás 22:30 horas. Alí presentará o seu último traballo, Puerto Presente, que inclúe o seu coñecido tema Moving.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Estatístico 2009 incorpora por primeira vez datos sobre Seguridade Social e peregrinacións
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Estatístico 2009. O obxectivo da publicación, que contén datos do 2008, é amosar a evolución e a situación actual do Concello de Santiago a través dunha análise rigorosa, en cifras, da súa realidade económica, social e cultural. Está estruturado en 11 capítulos, incorporando tres apartados novos: a inclusión, por primeira vez de información sobre as afiliacións á Seguridade...
CONSORCIO
O Consorcio lanza un novo plan de axudas para o mantemento de edificios da cidade histórica
O Consorcio de Santiago, coa colaboración do Concello, a través da Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación, dentro das súas políticas de recuperación urbana, inicia unha nova liña de axudas aos cidadáns para o mantemento de edificacións. Baixo o lema "Ter é manter", o Consorcio pon en marcha o Programa de axudas ao mantemento da envolvente exterior e dos elementos comúns interiores das edificacións da cidade histórica de Santiago de Compostela, que comeza cun orzamento de...