ALCALDÍA
Remata o prazo para votar as candidaturas do Camiño de Santiago e das Festas do Apóstolo como Tesouro do Patrimonio Cultural Inmaterial de España
Cando faltan tres días para que finalice o período de votación para a elección dos 10 Tesouros del Patrimonio Cultural Inmaterial de España, as Candidaturas de Bilbao, León, Teruel, Zaragoza, Jaén, Santiago, Algemesí, Valencia, Cádiz e Mayorga encabezan a clasificación provisional da elección dos 10 Tesouros do Patrimonio Cultural Inmaterial de España.
EDUCACIÓN
A Escola Infantil do Tambre contará en setembro cos seus primeiros 61 alumnos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitaron as obras da que será a cuarta escola infantil da cidade, no Polígono do Tambre. Este centro estará listo para comezar o curso 2009-2010 cos seus primeiros 61 alumnos.
MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA
Máis de 50 inscritos no I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica
Xa son máis de 50 os inscritos no I Concurso de Balcóns da Cidade Histórica de Santiago, que organizan as concellerías de Medio Ambiente e de Cidade Histórica. O Concurso quere chamar a atención sobre a importancia de recuperar os balcóns como elementos vivos da Cidade Vella. Por iso, premiará a orixinalidade, conservación, harmonía e combinación de cores destes balcóns. Ademais dos premios da organización haberá un premio da cidadanía, para o cal se habilitará un espazo na microweb...
PLENO
A Concellería de Benestar incrementou en 100.000 euros as axudas directas ás familias para facer fronte á etapa de crise
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, compareceu a petición propia no Pleno municipal para explicar as medidas que o seu departamento ten tomado para facer fronte ao momento de crise económica. Así, a Concellería ten reestruturado algúns prestacións e aumentado as partidas destinadas a axudas directas ás familias.
ALCALDÍA
O alcalde gaba o papel da madeira na elaboración do Plan Especial do Casco Histórico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou no acto de clausura da Asemblea Anual da Federación Europea do Taboleiro e da Federación Europea do Contrachapado, celebrada no salón nobre de Fonseca. Tamén asistiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o presidente de ANFTA, José Carballo.
PLENO
O Salón de Plenos incorpora un sistema para contabilizar os turnos de intervención e manter un arquivo dixital de sesións
O Salón de Plenos do Concello de Santiago conta desde hoxe cun sistema i-boss, que ademais de contabilizar os turnos das intervencións plenarias permite gravar e manter un arquivo dixital de sesións.
MEDIO AMBIENTE
Os problemas ambientais do século XXI, a debate en Compostela
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e parte da Corporación recibiron aos participantes nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental. Este evento desenvólvese do 25 ao 27 de xuño no Instituto Rosalía de Castro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aínda quedan prazas libres para a sesión de astronomía da Casa das Asociacións
Dentro do programa de actividades de verán que organiza a Concellería de Participación Cidadá, o venres 26 de xuño, na Casa das Asociacións, terá lugar unha didáctica Noite de Astronomía. Aínda quedan prazas para apuntarse a esta sesión, que comeza ás 22:30 horas na terraza da Casa e na que colabora o Club Compostelán Astronomía Vega.
EDUCACIÓN
A Escola de Verán ofrece aos máis pequenos un espazo lúdico e impulsor de valores
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou os colexios de Fontiñas, Pío XII, López Ferreiro e Colexiata de Sar, onde se está a desenvolver dende o martes 23 a VIII Escola Municipal de Verán. Estes espazos educativos e lúdicos permanecerán abertos ata o 30 de xuño.
EMPREGO
Máis do 65% dos participantes no Proxecto Crear V accederon ao mercado laboral
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Proxecto Crear VI e realizou un balance do Crear V. O programa Crear é un proxecto experimental de orientación e inserción laboral que incide na dinamización dentro do mercado laboral da cidade.