CULTURA
Os Dhoad Gypsies traen á meta do Camiño de Santiago a súa viaxe musical e espiritual dende o Rajastán
O Festival dos Abrazos trae á praza da Quintana a música e a arte do deserto do Rajastán, ao noroeste da India, terra que segundo asegura o director dos Dhoad, o músico Rahis Bharti, "foi reino dos emperadores e dos maharajás e das súas cortes".
TURISMO E CULTURA
Comeza a rodaxe da curta gañadora de Compostela Plató
Os días 27, 28 e 29 de agosto terá lugar a rodaxe da curtametraxe La princesa Alegría. Esta produción nace no marco da sección Compostela Plató do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo e a Concellaría de Cultura.
EMPREGO
O Plan de Formación Continua mellorará as competencias profesionais de 180 persoas a través de 12 cursos
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Plan de Formación Continua, que conta con doce accións formativas de balde, dúas presenciais e dez por teleformación. Suman en total 290 horas lectivas, das que se poden beneficiar 180 persoas. Este plan ten entre os seus obxectivos facilitar a promoción dos traballadores, mellorar os recursos humanos das empresas e incrementar a súa competitividade.
CULTURA
Os Dhoad Gypsies of Rajastan abren a semana final do Festival dos Abrazos
A formación Dhoad Gypsies of Rajastan abre o luns 25, ás 21:00 horas en Bonaval, a oferta artística da derradeira semana do Festival dos Abrazos, coa música e a arte do Raxastán, reino de maraxás e berce de xitanos e trobadores.
CULTURA
Máis música e circo na oferta cultural do Festival dos Abrazos
O instrumentalista madrileño Chico Hugo e o pianista francés Pascal Neveu despídense do público compostelán con actuacións no xardín de Fonseca e no paseo central da Alameda, respectivamente. As novidosas propostas creativas destes dous músicos e a sesión de multimedia electrónica realizada na zona "C" polo Dj Mr. Fishman e mais os Vdj’s D.Rndm Usmiko.como deixan paso a unha fin de semana protagonizada pola música no Festival dos Abrazos.
TURISMO
A Santiago, en carro
Un grupo de 30 peregrinos da localidade alacantina de Benissa chegaron a Compostela despois de facer parte do Camiño cos seus carros levados por cabalos. Rematado o seu percorrido e chegados as chamativas carruaxes á praza do Obradoiro, foron recibidos polo concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias.
CULTURA
Chico Hugo investiga musicalmente a través de instrumentos nada convencionais
A ameaza de choiva obrigou a trasladar os concertos do pianista francés Pascal Neveu e do músico madrileño Chico Hugo ao Auditorio de Galicia e ao Teatro Principal, respectivamente. Chico Hugo é un músico novo que experimenta coa construción dunha linguaxe musical propia a través de instrumentos pouco convencionais e que resultou gañador do segundo Festival de Músicas Minúsculas en 2005.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela Activa incentiva con 68.000 euros aos novos emprendedores
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o programa de fomento do emprendemento Compostela Activa. O programa ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
TURISMO E CULTURA
"Curtocircuíto na Rúa" presenta unha selección de curtas feitas en España na praza do Toural
Curtocircuíto na Rúa presenta o programa Feito en España o xoves 21 de agosto, a partir das 22:30 horas, na praza do Toural.
CULTURA
Os parques de Compostela soan a jazz e a música oriental da man do pianista francés Pascal Neveu
Nos parques de Compostela soa esta semana a improvisación sobre jazz, clásica e música oriental do pianista francés Pascal Neveu. Os composteláns que pasen polo parque de San Roque o mércores 20, ás 21:00 horas terán oportunidade de gozar da proposta de Neveu, que quere que a xente reciba a música dende un punto de vista diferente e nunha posición máis relaxada do habitual nos clubes de jazz. O músico francés ofrecerá o xoves 21 no parque de Galeras e o venres 22 na Ferradura dúas novas...