ALCALDÍA
Unha mirada ao espazo dende a Alameda
A Fundación AXA e Lunwerg Editores, coa colaboración da Concellería de Educación, presentan en Compostela a mostra Espazo e Desenvolvemento Sustentable. Velando pola saúde do noso planeta. A exposición permanecerá no parque da Alameda ata o 3 de setembro.
ALCALDÍA
O Museo Casa da Troia reabre as súas portas
O Museo Casa da Troia reabre as súas portas ao público grazas á colaboración do Concello, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia. Logo de dous anos pechado, o museo inicia unha nova andaina con dúas xornadas de portas abertas.
MEDIO AMBIENTE
Unha nova guía de peto dá a coñecer o parque de Brandía
O parque de Brandía conta xa cunha guía propia que o dará a coñecer dun xeito máis detallado entre toda a veciñanza de Compostela. Esta nova publicación correspondese co terceiro volume da colección de pequenas guías de peto dos parques de Compostela e foi presentada no Centro Sociocultural de Vidán pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e José Antonio Mosquera, xefe do Departamento de Parques e Xardíns.
ALCALDÍA
Encontro cos estudantes brasileiros dos Cursos Internacionais da USC
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, recibiu en Raxoi os estudantes brasileiros dos Cursos Internacionais da Universidade de Santiago.
FESTAS
O Apóstolo comeza co pregón de Yolanda Castaño e Jorge Mira e a música de Melendi
As Festas do Apóstolo 2010 comezan este venres coa habitual lectura do pregón de inicio de festas. Este ano, a velada comezará ás 21:30 horas, con vídeos musicais e a actuación, ás 22:00 horas, do grupo vigués Martynez.
ALCALDÍA
Mercagalicia obtén un beneficio de 42.400 euros no primeiro semestre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración de Mercagalicia no que se aprobou o resumo semestral das contas, cun beneficio de 42.400 euros a 30 de xuño.