ALCALDÍA
Lista para a súa reapertura a remodelada Fundación Eugenio Granell
O venres 11 de xuño abriranse os novos espazos da Fundación Granell, grazas ao acondicionamento da superficie anexa ocupada no seu día por EMUVISSA. Este foi un dos temas que se abordou na reunión do Padroado da Fundación Granell, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica abre o prazo para inscribirse na xornada de formación sobre eficiencia enerxética
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na xornada técnica Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego. O encontro celebrarase o 17 de xuño no Centro Social de Caixanova (praza de Cervantes, 17).
ALCALDÍA
O alcalde inaugurou a mostra de billetes e útiles bancarios da colección do BBVA
A exposición La colección de billetes BBVA 1798-2000 y presencia de BBVA en Santiago foi inaugurada oficialmente polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, na oficina desta entidade bancaria da rúa Senra.