ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "A novidade dos orzamentos deste ano será onde se poden aforrar outros dous millóns de euros"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que nos orzamentos de 2010, que se presentarán, tal como se anunciar, no Pleno deste mes de xuño, "a única novidade é onde se poden aforrar dous millóns de euros máis". "Non esperen outras novidades", indicoulles aos xornalistas, recordando que o capítulo de gastos, incluído o corrente e os investimentos, xa se coñecían.
EMPREGO
Obradoiro de Promoción Económica sobre competencias clave destinado a formadores
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o obradoiro de formación Competencias transversais clave nos programas de formación e emprego. Métodos e ferramentas para o desenvolvemento das competencias para a empregabilidade.
MERCADOS E FESTAS
Máis de 200 persoas participarán na recreación medieval da coroación de Alfonso Raimúndez como rei de Galicia
O Concello compostelán anima a todos os cidadáns a unirse á comitiva que mañá sábado, a partir das 19:00 horas, recreará polas rúas e prazas do Casco Histórico a cerimonia de coroación de Alfonso Raimúndez como rei de Galicia. Máis de 200 persoas, entre actores e extras participarán nesta representación histórica, no marco da III Feira Medieval, aberta ata o domingo. O evento foi inaugurado polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
A Avogacía española realiza a súa tradicional "Peregrinación da Toga"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao Consello Xeral de Avogacía Española, que celebra o seu pleno en Santiago. Ademais, aproveitando este Ano Santo, os profesionais da Avogacía realizaron a súa tradicional "Peregrinación da Toga".