EDUCACIÓN
Movilab, un laboratorio sobre rodas para fomentar a curiosidade científica
Ciencia sobre rodas. Un laboratorio móbil instalado no trailer dun camión que ten como obxectivo achegar a ciencia a un público heteroxéneo dende os seis aos 90 anos. O camión científico é a última iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Fundació Padrosa para fomentar a cultura científica, e chegou a Santiago, onde permanecerá ata o 19 de xuño. Este camión está instalado...
ALCALDÍA
A USC recoñece coa súa Insignia de Ouro o compromiso do alcalde cos seus proxectos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu de mans do reitor da USC, Senén Barro, a Insignia de Ouro desta institución, no marco do acto formal de recepción do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS).
MEDIO AMBIENTE
A terceira edición da Feira do Sol chega ao paseo central da Alameda
A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou a terceira Feira do Sol que se celebra o sábado 19 no paseo central da Alameda desde as 11:30 ata as 20:00 horas. Esta actividade está enmarcada no programa Vive o Verán, que organizan as concellarías de Medio Ambiente e de Cultura e Centros Socioculturais.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde coa nova directiva da asociación veciñal Monte do Gozo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión en Raxoi coa nova directiva da asociación de veciños Monte do Gozo.