CULTURA
Nicolas Schmerkin, gañador dun Óscar, chega a Curtocircuíto
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes achégase ao seu final e faino por todo o alto, recibindo a Nicolas Schmerkin, produtor de Logorama, curta premiada na última edición dos Óscar.
ALCALDÍA
O Nobel de Química Harold Walter Kroto fala en Santiago de ciencia e sustentabilidade
O Nobel de Química en 1996, Harold W. Kroto está en Santiago para participar no V Programa ConCiencia, que organizan a USC e o Consorcio de Santiago, co apoio de Xacobeo 2010. Dentro do seu programa de actividades na cidade, o científico británico pasou pola Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o convidou a asinar no Libro de Honra.
IGUALDADE
A Concellería de Igualdade exhibe ata o 7 de xuño os traballos realizados no curso "A saúde a través da arte"
Clausurada a terceira edición do curso "A saúde a través da arte", organizado pólo Centro de Información á Muller, da Concellería de Igualdade, os traballos realizados neste curso forman agora unha exposición titulada Procesos, que estará aberta ao público nas dependencias da Concellería (rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4) ata o 7 de xuño, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde reducirá o seu salario na mesma proporción que os conselleiros da Xunta
As retribucións do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reduciranse na mesma proporción que os conselleiros da Xunta de Galicia. De tal xeito, esta diminución estará entre o 9% fixado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a porcentaxe que acorde finalmente o Goberno autonómico.
PLENO
O Pleno municipal aproba inicialmente a Ordenanza reguladora da emisión de ruídos e condicións dos locais
Na sesión ordinaria do Pleno municipal aprobouse inicialmente por unanimidade a Ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais, co obxecto fundamental de adaptala á normativa vixente.
PLENO
Os cidadáns presentaron 87 queixas e suxestións no Concello durante o 2009
A concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, deu conta por escrito ao Pleno municipal do informe anual das queixas e suxestións presentadas no Concello no ano 2009. Na mesma sesión ordinaria aprobouse inicialmente a Ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais.