FESTAS
Dous mil maiores viviron a súa festa en Amio
A Festa dos Maiores vivíu a súa edición número XII no recinto feiral de Amio. Alí, dúas mil persoas disfrutaron desta tradicional cita das festas da Ascensión.
FESTAS
Tempo para as corais de Compostela e o teatro de títeres no domingo da Ascensión
A Concellaría de Festas presenta para o domingo 16 un plan de actividades variado e para todos os públicos. O día comezará coa IV Carreira Solidaria Polígono do Tambre, organizada pola Fundación Compostela Deporte e a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.
SERVIZOS
Os actos vandálicos da folga do lixo deixan un balance na última madrugada de máis de 30 colectores queimados
O Concello de Santiago expresa a súa enérxica condena dos actos vandálicos nos que está derivando a folga dos traballadores do servizo de recollida do lixo. Nesta última madrugada do venres ao sábado, os Bombeiros tiveron que realizar preto de 40 saídas para atender as diversas incidencias. O balance desta noite deixa entre 30 e 40 colectores queimados ata en 14 puntos diferentes, maioritariamente no rural.
ALCALDÍA
O sorteo da Lotería Nacional en Santiago levou a sorte a Sevilla
O Hostal dos Reis Católicos acolleu o sorteo de Lotería Nacional. O número agraciado co primeiro premio (53741) foi vendido en Sevilla. O posuidor da fracción 2ª, serie 3ª deste número levou un premio especial de 3 millóns de euros.
ALCALDÍA
A peregrinación tende lazos entre Compostela e Viana do Castelo
O alcalde compostelán, Xosé A. sánchez Bugallo, ofreceu unha recepción en Raxoi aos representantes dunha peregrinación de Viana do Castelo, encabezada polo seu alcalde, José María Costa.