CONSORCIO
Un estudo revela que os Fogos do Apóstolo non afectan á pedra da Catedral
Un estudo encargado polo Consorcio e realizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas da Universidade Politécnica de Madrid, a través da súa cátedra de Petroloxía, desvela que os fogos do Apóstolo non afectan na súa estrutura actual á pedra da Catedral de Santiago. Esta conclusión foi presentada nunha rolda de prensa na que tamén se falou dos fogos de 2009 e da historia deste evento.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase a contratación das obras de reurbanización do tramo Galeras-Vista Alegre e da avenida de Castelao
A Xunta de Goberno aprobou os proxectos e iniciou o proceso de contratación de dúas das obras incluídas no chamado convenio de travesías, que permitirá reurbanizar os accesos á cidade. Trátase neste caso do proxecto do tramo das ruas Galeras, Salvadas e Vista Alegre, e da avenida de Castelao.
SEGURIDADE CIDADÁ
O sábado 13 remata o prazo para solicitar o permiso de realización de cacharelas
As solicitudes de permiso para a realización de cacharelas remata o sábado 13 de xuño ás 14:00 horas. Estas autorizacións poden solicitarse a través do enlace disposto nesta mesma páxina web.