NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello de Santiago promove o emprego da lingua galega nunha nova edición do "Maio das letras"
Baixo o título Maio das letras e co lema "Vive a túa lingua, vive as túas letras", a Concellería de Normalización Lingüística preparou un completo calendario de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas e homenaxear a Ramón Piñeiro. Xincanas literarias, charlas, monicreques e unha Festa das Letras configuran o programa.
CULTURA
Literatura, música e artes escénicas na programación cultural de maio
Presentouse en Raxoi a programación cultural de maio en Compostela. Na mesma destacan eventos como a actuación do cantaor flamenco Miguel Poveda, ou as representacións de danza Paraíso sete, de La Familia, e Sense Fi e Conquassabit, de Gelabert Azzopardi.
ALCALDÍA
O alcalde imparte unha conferencia a descendentes de emigrantes galegos en Arxentina
O presidente da Mancomunidade de Santiago e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, impartiu unha charla aos alumnos do Instituto Santiago Apóstolo de Bos Aires, onde estudan perto de mil rapaces e rapazas, maioritariamente fillos de emigrantes galegos.