ALCALDÍA
Os traballadores municipais celebraron a festividade de Santa Rita de Casia
Como cada ano por estas datas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu no Salón Nobre aos traballadores do Concello. O motivo non era outro que a celebración de Santa Rita de Casia, patroa da Administración Local.
CIRCULACIÓN VIARIA E OBRAS
Novas modificacións no tráfico por mor das obras de Xeneral Pardiñas, Ensanche vello, praza do Olvido e Hórreo
O comezo de novas obras do Fondo de Investimento Local (FIL) obrigará a unha reestruturación do tráfico nas zonas afectadas. En concreto, o luns 25 comezarán as obras nas distintas rúas do Ensanche Vello e o mércores 27 no tramo de Xeneral Pardiñas entre Montero Ríos e Carreira do Conde. Ademais, iníciase a intervención na praza do Olvido.
SANIDADE
O Concello promove a actividade física e os bos hábitos alimentarios na I marcha Saudable
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Granxa do Xesto aos 120 nenos dos colexios de Vite e Nosa Señora dos Remedios que participaron na I Marcha Saudable, organizada pola Concellería de Sanidade no marco do Programa Concellos Saudables da Xunta de Galicia. Esta marcha quere promover hábitos de alimentación saudables, educando e familiarizando aos nenos de xeito lúdico na diversidade, no sabor dos alimentos e na boa elección, ademais de estimular o hábito da actividade física.
TRANSPORTES
Servizos especiais de transporte urbano para o día da Ascensión e a Festa dos Maiores
A Concellería de Mobilidade e Transportes, a través das Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), pon en marcha servizos especiais de transporte urbano para o día da Ascensión e a Festa dos Maiores. Ademais, vén de lanzarse a campaña "Cédalle o paso ao bus".
FESTAS
Nena Daconte presenta de balde a súa proposta pop no Campus Sur
Botaron a andar as Festas da Ascensión. Na súa segunda xornada, o Día da Ascensión, vez para Feira Cabalar e para o concerto de Nena Daconte no Campus Sur.