INFRAESTRUTURAS
Adxudicada a obra do polideportivo Quiroga Palacios unha vez reparado o erro detectado
Unha Xunta de Goberno extraordinaria adxudicou provisionalmente as obras de mellora e rehabilitación do polideportivo Quiroga Palacios, unha vez reparado o erro detectado tras a adxudicación feita na Xunta de Goberno do 30 de marzo.
FACENDA
A execución do orzamento de 2008 deixou un aforro neto de 4.780.507 euros
Despois de varios anos de remanente negativo e tras o peche do Plan de Saneamento 2004/2007, a execución do orzamento do Concello en 2008 deixou un remanente positivo de tesourería de 693.777 euros para gastos xerais.
COMERCIO
Promoción Económica abre o prazo de inscrición na edición de primavera do Concurso de Escaparatismo
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na edición de primavera do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, que finaliza o 20 de abril.
ALCALDÍA
Panamá propón crear a Casa da Cultura Iberoamericana no complexo do Gaiás
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao embaixador da República de Panamá en España, Miguel Ángel Cañizales.