XUNTA DE GOBERNO
O Concello estudará a topografía actual da Praza de Galicia cara a súa futura remodelación
A Xunta de Goberno aprobou a realización dun estudo topográfico da praza de Galicia, destinada a ter unha información necesaria á vista da súa futura remodelación. Entre outros asuntos, ratificou tamén os prazos de admisión da Escola Municipal de Música para o curso 2009/2010 e o proxecto de ordenanza reguladora do Programa de axuda no fogar.
CIDADE HISTÓRICA
A reurbanización da zona de San Frutuoso incluirá un novo xardín para a Cidade Histórica
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou o proxecto de acondicionamento e urbanización da área de San Frutuoso. A actuación consiste nunha rexeneración completa da zona cunha renovación xeral dos acabados da calzada, beirarrúas e mobiliario urbano. A presentación foi realizada na propia zona de intervención, onde a concelleira explicou a solución deseñada para aplicar na explanada onde hoxe se sitúa o pavillón da Trinidade, que será retirado do seu...
DEPORTES
Santiago acollerá un torneo preparatorio para o Europeo da selección española de baloncesto feminino
A cidade acollerá o 15 e o 17 de maio dous partidos internacionais, no marco dun torneo preparatorio para o EuroBasket da, selección española de baloncesto feminino. Así se sinala no protocolo asinado polo concelleiro de Deportes, Andrés Fariña; polo presidente da Federación Española de Baloncesto, José Luís Sáez; e polo presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín. Estes últimos foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, con motivo da súa...
CONSORCIO
Concerto da Real Filharmonía de Galicia coa participación de alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais
A colaboración entre a Real Filharmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musicais materializarase no concerto de abono no Auditorio de Galicia do mércores 22 de abril. Xunto aos músicos da orquestra sentaranse 20 alumnos da Escola. Esta, xestionada pola AGADIC, está estreitamente vinculada á Real Filharmonía, xa que forma cada ano corenta alumnos, cos músicos da orquestra santiaguesa como profesores.
ALCALDÍA
Os veciños de Fontiñas, concelleiros por un día nun pleno especial
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu un singular pleno municipal con motivo dos actos de celebración do XXX aniversario das corporacións democráticas. Nesta ocasión, os concelleiros dos diferentes grupos municipais eran veciños do barrio de Fontiñas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Concellaría de Promoción Económica participa en Irlanda nun encontro de socios do programa Leonardo
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, participa, o 20 e 21 de abril, na cidade irlandesa de Ennis, nun encontro de socios do proxecto Axudantes Familiares do programa europeo Leonardo da Vinci. Este proxecto ten como obxectivo establecer un protocolo común a nivel comunitario para acreditar profesionalmente aos coidadores familiares e favorecer así a súa inserción laboral.