TURISMO
As pernoctacións en Santiago suben un 2,49% en xaneiro malia a crise do sector turístico
O número de pernoctacións en Santiago no mes de xaneiro foi de 58.602, o que supón unha subida do 2,49% respecto das 57.178 do mesmo mes do ano 2008, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Estes datos prodúcense nun entorno de crise económica internacional que tamén está a afectar ao sector turístico.
ALCALDÍA
Compostela e Uruguai seguen estreitando lazos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Economía e Finanzas de Uruguai, Álvaro García Rodríguez, e ao embaixador deste país en España, Ricardo González.
DEPORTES
O Concello felicita aos xuvenís do Lobelle polo seu triunfo no Torneo de Filiais da Copa de España
O equipo xuvenil do Lobelle de Santiago FS foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e por parte da Corporación municipal, en recoñecemento ao seu recente éxito no Torneo de Filiais da Copa de España, celebrada en Granada.
COMERCIO
A organización do Compostela Outlet fletará autobuses gratuítos para asisitir á feira
A organización fletará autobuses gratuitos para facilitar o desprazamento daquelas persoas que desexen asistir á terceira edición de Compostela Outlet, que se celebrará o 14 e 15 de marzo no Recinto Feiral de Amio. Desenvolvida pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, o evento ten como obxectivo axudar aos estabelecementos de venda polo miúdo de Santiago a liquidar existencias, e ao mesmo tempo, ofrecer aos consumidores produtos de calidade a prezos reducidos.