XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas por máis de tres millóns de euros outras oito obras das incluídas no Fondo de Inversión Local
En sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno adxudicou outras oito obra e proxectos dos financiados a cargo do Fondo de Inversión Local. En total, estas obras suponen un investimento de 3.316.610 euros máis IVE.
TURISMO
Compostela será a sede da Rede de Cidades do Camiño de Santiago
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asinará o luns 30, ás 17:00 horas, no Mosteiro de San Juan de Burgos –antigo hospital de peregrinos- os estatutos da Rede de Cidades do Camiño de Santiago. Con este acto quedará constituída esta Rede de Cidades do Camiño de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Cursos, cinema, charlas, obradoiros e exposicións no Plan de Dinamización do CSC de Marrozos para a primavera
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o domingo 29, no CSC de Marrozos, o Plan de Dinamización deste Centro Sociocultural.
ALCALDÍA
A Audiencia Provincial arquiva definitivamente a denuncia sobre o aparcadoiro da Praza Roxa
A Audiencia Provincial da Coruña arquivou definitivamente as dilixencias motivadas pola denuncia penal presentada hai catro anos a título individual polos concelleiros do Partido Popular da anterior lexislatura a raíz dos cambios na obra do aparcadoiro da Praza Roxa. A Audiencia confirma así o auto do xuíz instrutor que, o 4 de xullo de 2008, xa decidira arquivar o proceso por non atopar ningunha conduta delitiva.