EDUCACIÓN
Máis de 5.000 escolares participarán na IX Campaña Municipal de Animación á Lectura
A IX Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellaría de Educación e editorial Kalandraka, iniciou na Galería Sargadelos o seu programa de actividades. Neste edición, que se prolongará ata o 16 de maio, potenciaranse os álbums destacados no I Premio Internacional Compostela. Participarán 5.200 escolares de 32 centros de Santiago e da bisbarra.
CULTURA
"Emma", do Teatro Arriaga de Bilbao, abre a programación do ciclo Teatro e Danza en Xira 2009
O venres 27 de marzo, ás 21.00, a obra teatral Emma inicia o ciclo Teatro e Danza en Xira no Auditorio de Galicia. Trátase dunha produción do Teatro Arriaga que foi estreada a semana pasada, e que comeza a súa xira por España en Santiago.
MEDIO AMBIENTE
Os máis pequenos plantan as primeiras 330 árbores dunha nova grande área verde entre Romero Donallo e Volta do Castro
O parque de Volta do Castro acolleu a plantación de 330 árbores e arbustos, con motivo do día da Árbore e da Auga, celebrados o 21 e o 22 de marzo, respectivamente. Un grupo de 150 nenos e nenas do Colexio Quiroga Palacios, usuarios da residencia da terceira idade de Volta do Castro e algúns veciños da zona realizaron esta plantación, coa que tomaron conciencia do valor destes dous recursos no día a día.
INFRAESTRUTURAS
As rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire terán sentido único e gañarán amplas beirarrúas e zonas verdes
No mes de maio comezarán as obras de reurbanización do tramo que comprende a avenida de Vilagarcía e as rúas García Prieto e Sánchez Freire. Esta actuación suporá unha substancial mellora da calidade urbana desta vía, entre Romero Donallo e a rotonda de Conxo, que contará con amplas beirarrúas, zonas verdes e mesmo dúas praciñas.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese co presidente da delegación compostelá do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse no Pazo de Raxoi co novo presidente da delegación de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, o primeiro encontro desde que este último tomara posesión do seu cargo o pasado mes de febreiro.
FESTAS
Nova edición da Festa da Uña de San Lázaro, a exaltación gastronómica máis antiga de Galicia
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o programa das Festa da Uña de San Lázaro 2009, acompañado por dous membros da Asociación Cultural e de Festexos de San Lázaro, Mónica Rodríguez e Sandra Losada.
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais conmemora o Banquete de Conxo
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais homenaxeará un ano máis o Banquete de Conxo cun pequeno programa de actos no que a poesía será a grande protagonista da celebración do 153º aniversario da famosa xuntanza.
PLENO
O Pleno ratifica a concesión da Medalla de Ouro da Cidade a José Castro Suárez
O Pleno municipal aprobou por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da Cidade ao empresario José Castro Suárez, fundador e presidente de Castrosúa.
PLENO
Os catro primeiros alcaldes da Democracia darán nome a novas rúas da cidade
Cando se están a piques de cumprir 30 anos das primeiras eleccións municipais democráticas, a cidade vai a homenaxear aos catro primeiros alcaldes deste período dándolle o seu nome a novas rúas. Así o acordou por unanimidade o Pleno municipal a proposta do alcalde.