ALCALDÍA
O alcalde anima aos mozos a formarse para tomar a decisión máis axeitada cara o seu futuro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o I Encontro educativo para o desenvolvemento persoal da xuventude no mercado laboral Mantente en FORMAción, organizado polas concellerías de Educación e Xuventude. Desenvólvese no Palacio de Congresos os días 13 e 14 de febreiro.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu ao alcalde de Zitácuaro (México)
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao alcalde de Zitácuaro, municipio do Estado de Michoacán (México), Juan Antonio Ixtláhuac Orihuela. O rexedor mexicano está en xira de traballo por España.
REFORMA ADMINISTRATIVA
Santiago participará nun programa europeo para optimizar a administración electrónica
A concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández Somoza, presentou en rolda de prensa a candidatura para participar nun proxecto que consistirá esencialmente en estudar e intercambiar experiencias en todo o relativo ás metodoloxías máis axeitadas para poñer en práctica a administración electrónica. Isto permitirá reducir ao máximo o emprego do papel a nivel municipal, tanto a nivel interno como na relación cos cidadáns.
ALCALDÍA
O Concello cede unha parcela ao Consello Galego de Cámaras para a construción da súa sede
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente do Consello Galego de Cámaras, Francisco Cruz Senra, asinaron no Pazo de Raxoi o convenio polo cal a entidade municipal cede un terreo de case 1.800 metros cadrados ubicado nas Cancelas para a futura sede do Consello.
CULTURA
A banda ofrece un concerto con pezas escollidas polo público
Por terceira ocasión, a Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira, ofrece o seu Concerto á Carta, cun programa confeccionado coas obras elixidas polo público. A cita será o domingo 15, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
O Estado mobiliza 400 millóns de euros en obras para a cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción polo anuncio de que o Estado investirá 88 millóns de euros na duplicación do tramo Santiago Norte - Santiago Sur da AP-9. Esta cantidade, sumada a outras previstas para diversas obras na cidade, deixan un investimento por parte da Administración central duns 400 millóns de euros, que se incrementará ata os 500 coas obras da EDAR e da estación do AVE.
MERCADOS
Mercagalicia obtivo uns beneficios de 89.000 euros en 2008
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidou esta mañá o Consello de Administración de Mercagalicia no que se aprobou o informe de xestión do exercicio de 2008.