DEPORTES
O Multiusos comeza a temporada cunha oferta de servizos máis ampla e o campo de fútbol de Santa Isabel con novos vestiarios
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as últimas actuacións de mellora levadas a cabo en dous equipamentos deportivos da cidade. En primeiro lugar, o rexedor comprobou de primeira man as dúas novas salas construídas no Multiusos Fontes do Sar e nas que se investiu un total de 102.000 euros. No campo de fútbol de Santa Isabel, comprobou as obras realizadas na zona dos vestiarios, onde se contruiron 4 para os xogadores e 2 para os árbitros. O orzamento para esta obra foi de 368.300 euros.
TURISMO
149 curtas de 38 países optarán aos premios de Curtocircuíto
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a Concellaría de Cultura, seleccionou esta semana os títulos que formarán parte da Sección Competitiva do Festival.