ALCALDÍA
O novo Centro de Saúde de Galeras dará asistencia a 10.000 habitantes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, presidiron a constitución da Comisión Técnica de Seguimento Servizo Galego de Saúde - Concello de Santiago de Compostela. Nesta xuntanza, presentouse o proxecto arquitectónico do Centro de Saúde de Galeras e o funcional do futuro centro de Conxo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo ve "certa extralimitación e extemporaneidade" nalgúns contidos do informe do ICOMOS sobre o teleférico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou o seu "respecto, compatible coa plena discrepancia" co informe do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), sobre o teleférico que uniría Belvís coa Cidade da Cultura. Ademais, ve "certa extralimitación e extemporaneidade" nalgúns contidos do documento.
URBANISMO
Santiago lidera en Cracovia un proxecto europeo que aborda a vivenda como factor social
Unha delegación encabezada pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, viaxará a semana próxima a Cracovia, en Polonia, para coordinar o grupo de traballo do proxecto do URBACT, SUITE The Housing Project. A vivenda: un factor para a inclusión social e urbana e para a calidade de vida nas cidades, do que é xefe de fila.
CULTURA
Sons da Diversidade cumpre cinco anos coas actuacións de Fuxan os Ventos, Manu Dibango e Aynur
A Casa do Concello acolleu a presentación da programación do festival de música Sons da Diversidade para os meses de outubro, novembro e decembro. Ademais, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, repasaron os cinco anos que cumpre o festival.