XUNTA DE GOBERNO
O martes de Antroido volverá a ser festa local pola coincidencia do San Roque en domingo
A Xunta de Goberno Local aprobou as datas das festas locais para 2009. Serán o 24 de febreiro, día do martes de Antroido, e o xoves 21 de maio, festividade da Ascensión.
MOBILIDADE
O Concello incorporará as últimas novidades tecnolóxicas aplicadas á optimización do tráfico
O Goberno local deu conta dunha subvención ao Ministerio de Fomento por importe de 600.000 euros para un programa piloto de mobilidade sostible. Esta subvención permitiría financiar o proxecto denominado "Optimización do tráfico de vehículos mediante a creación dunha web de tráfico urbano e mobilidade". A iniciativa tería un custo total de 675.645 euros.
COMERCIO
Os comercios teñen de prazo ata o 3 de outubro para inscribrise na a edición de outono do Concurso de Escaparatismo
O 3 de outubro remata o prazo de inscrición na edición de outono do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo.
CULTURA
A Concellaría de Cultura presta o seu apoio ao novo Centro de Estudos da Música Popular Galega
O Centro de Estudos da Música Popular Galega "aCentral Folque" bota a andar no mes de outubro en Santiago. A Concellaría de Cultura e a Consellaría de Cultura e Deporte apoian o nacemento deste novo proxecto que abarca o estudo e a promoción da nosa tradición musical, así como a formación de novos talentos.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente convida a todos os centros escolares da cidade a visitar a exposición "Descubrindo o tempo"
A concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitou a exposición Descubrindo o tempo, que se exhibe no CSC do Ensanche do 16 ao 30 de setembro. Coa concelleira visitaron a exposición un grupo de 25 rapaces de 3º de Primaria do colexio Peleteiro.