ALCALDÍA
O Concello optará por unha EDAR con tecnoloxía de membranas pola súa maior calidade e menor impacto físico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que o Concello optará pola tecnoloxía de membranas para a futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) e pola ubicación prevista. Este tipo de depuradora suporá un incremento no custo de 20 millóns de euros, pero outorgará un mellor produto e terá un menor impacto físico.
TRANSPORTES
Aluguer de bicicletas e transporte urbano gratuítos para celebrar a Semana Europea da Mobilidade
Con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, entre os días 16 e 22 de setembro, Santiago quere implicarse, como en anos anteriores, na promoción de hábitos saudables e respectuosos co medio ambiente. Por iso, o luns 22, facilitará o aluguer gratuíto de bicicletas e o uso, tamén de balde, do transporte urbano.
ALCALDÍA
Stephen Hawking recibirá o pergameo de Visitante Ilustre do Concello
O luns 22 de setembro comezan os actos previstos no marco da visita de Stephen Hawking a Santiago. En primeiro lugar, ás 16:30 horas, o científico británico achegarase ata o Parque de San Lázaro, ubicado a carón do Palacio de Congresos, onde descubrirá unha placa conmemorativa da súa visita. O acto estará presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
CULTURA
As culturas do mundo conflúen a través do movemento na sexta edición do Move’m Cult & Danza
O Festival dos Ritmos do Mundo Move’m Cult & Danza chega á súa sexta edición. Do 26 de setembro ao 3 de outubro desenvolverase en Santiago esta iniciativa, que dende 2003 intenta abrir un espazo no que as diferentes culturas se divulguen a través do movemento, da arte ou de calquera forma de expresión próxima a todos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Un grupo de apoio local traballará para fortalecer a participación das mulleres na vida social e económica
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Grupo de Apoio Local do Proxecto Europeo WEED (Women, Enterprise, Employment in Local Development - Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local). Este grupo ten como obxectivo, a través do intercambio de ideas e experiencias, definir unha metodoloxía que permita a transferencia de boas prácticas coa finalidade de fortalecer a participación activa das mulleres na vida social e económica.
TURISMO
A Film Commission compostelá asiste ao Festival de Cine de San Sebastián
A Santiago de Compostela Film Commission estará presente na Kursaal de San Sebastián para atender, durante o maior festival de cine español, aos directores e produtores que manifestaron o seu interese por rodar os seus guións na capital galega ou que están en busca de localizacións para futuras producións.