ALCALDÍA
Santiago, única cidade española cun espazo propio na Biennale de Arquitectura
A ministra de Vivenda, Beatriz Corredor, inaugurou a mostra "Do construído á arquitectura sen papel", da que forman parte 50 arquitectos españois de dúas xeracións e conforman o Pavillón de España na 11ª Mostra Internazionale di Architettura, a Biennale di Venezia. A cidade de Santiago de Compostela está representada neste importante evento con sete obras que o arquitecto Víctor López Cotelo desenvolveu en colaboración co promotor José Otero Pombo.
CULTURA E CONSORCIO
A Real Filharmonía inicia á súa temporada de concertos cunha misa de Mozart na Catedral
Logo de varios meses de traballo conxunto, a Real Filharmonía presenta os seus concertos para a próxima temporada 2008/2009, que iniciará o 26 de setembro cun concerto na Catedral de Santiago, con Antoni Ros Marbà á fronte. O protagonista desta actuación será Mozar, coa súa Missa Solemnis en Do maior. En total serán 30 concertos os que completarán a programación no Auditorio de Galicia, nas súas xa tradicionais sesións dos xoves ás nove da noite.
TURISMO
Santiago promociónase en Xapón
Turismo de Santiago estará presente na Feira de Jata, que se celebrará entre o 19 e o 21 de setembro. Trátase do evento de promoción turística máis importante de Xapón. Turismo de Santiago estará presente no pavillón de España, onde contará cun expositor propio. O obxectivo é promocionar a cidade nun dos mercados turísticos máis importantes de Asia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural da Rocha celebra a súa IV Semana Cultural
O martes 16 de setembro, ás 20:00 horas, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García, participará na inauguración da IV Semana Cultural do Centro Sociocultural da Rocha coa presentación da exposición de óleos O pousar da mirada, de Lucia Dubra, e coa posterior actuación do cantautor Héctor Lorenzo.
TURISMO E CULTURA
O cinema en 3-D chega a Curtocircuíto
O Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto continúa apostando pola formación e a innovación entre as súas actividades. Así, dentro da Semana Oficial do certame, entre o 17 e o 24 de outubro, o produtor Enrique Criado visitará Santiago para impartir unha "master class" no Teatro Principal, na que falará das fases de produción dunha película en tres dimensións e do proceso técnico preciso para levala a cabo. Como exemplo práctico proxectaranse varias curtametraxes en 3-D....