ALCALDÍA
O alcalde recoñece en Música en Compostela o xerme da oferta musical actual da cidade
Como en cada edición, e xa van 51, o Concello vén colaborando cos Cursos Internacionais Música en Compostela. O alcalde compostelán clausurará o sábado 30 a convocatoria de 2008, pero antes, Sánchez Bugallo recibiu en Raxoi aos organizadores e participantes nos cursos.
CULTURA
Cadra Santiago achega ao Festival dos Abrazos a unión creativa de Escoitar e o Centro Coreográfico Galego
Cadra Santiago é unha creación conxunta do colectivo Escoitar e do Centro Coreográfico Galego concibida como unha paisaxe sonora para ser bailada que chegará o venres 28, ás 21:00 horas, ao xardín de Fonseca, dentro da programación do Festival dos Abrazos.
MEDIO AMBIENTE E CULTURA
Clausúrase a Bibliopiscina no Multiusos de Sar
O venres 29 clausúrase a Bibliopiscina do Multiusos de Sar, que funcionou dentro da programación de Vive o Verán, organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Concellaría do Medio Ambiente e na que colaborou o Multiusos de Sar. Nas actividades de clausura participará a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. O acto consistirá nunha festa para os máis cativos.