EMPREGO
O Plan de Formación Continua mellorará as competencias profesionais de 180 persoas a través de 12 cursos
25/08/2008
Leer más
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Plan de Formación Continua, que conta con doce accións formativas de balde, dúas presenciais e dez por teleformación. Suman en total 290 horas lectivas, das que se poden beneficiar 180 persoas. Este plan ten entre os seus obxectivos facilitar a promoción dos traballadores, mellorar os recursos humanos das empresas e incrementar a súa competitividade.
CULTURA
Os Dhoad Gypsies of Rajastan abren a semana final do Festival dos Abrazos
25/08/2008
Leer más
A formación Dhoad Gypsies of Rajastan abre o luns 25, ás 21:00 horas en Bonaval, a oferta artística da derradeira semana do Festival dos Abrazos, coa música e a arte do Raxastán, reino de maraxás e berce de xitanos e trobadores.