ALCALDÍA
Santiago e Assisi únense nun proxecto de cooperación cultural, económica e turística
O Pazo de Raxoi acolleu a cerimonia de ratificación do irmandamento de Santiago de Compostela coa cidade italiana de Assisi. Mediante este acordo, as dúas cidades comprométense a activar programas para a mutua posta en valor e diversas accións nos eidos cultural, económico e turístico, tanto a nivel nacional como internacional. Unha destas accións será a posta en marcha dunha liña aérea que una as dúas cidades e que podería estar activa a finais de 2008.
TURISMO E CULTURA
O III Mercado Internacional de Curtametraxes de Curtocircuíto recibe 2.644 curtas de 93 países
Curtocircuíto, o festival de curtametraxes organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo e a Concellaría de Cultura, celebra na edición de 2008 o III Mercado Internacional de Curtametraxes en Santiago de Compostela. Dende que se abriu o prazo de inscrición o 14 de abril, 2.644 curtometraxistas rexistráronse en Curtocircuíto e formarán parte do catálogo desta edición.
FESTAS
Milladoiro ofrece un concerto na Quintana para festexar o Día Grande de Galicia
A xornada do venres 25 comezará coa tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral. Será ás dez da mañá. Xa a partir das doce e media do mediodía as rúas da cidade serán animadas por cabezudos a gaiteiros. Ás dez da noite a orquestra Super Combo alegrará cos seus sons a todos os que se acheguen ata a Alameda.
TURISMO
As pernoctacións medraron en Santiago un 7,25% no primeiro semestre de 2008
O número de pernoctacións no primeiro semestre en Santiago foi de 518.834, fronte ás 483.751 do primeiro semestre do 2007, segundo os datos do INE. Nos primeiros seis meses do ano houbo 35.083 pernoctacións máis, que se traducen nun crecemento do 7,25% respecto do primeiro semestre do 2007.
FESTAS
Sinfonía de auga e luz na noite grande de Compostela
Milleiros de persoas encheron o Obradoiro e as rúas e prazas de Compostela para presenciar os Fogos do Apóstolo. A chuvia do día deu unha tregua par o desenvolvemento dun espectáculo no que se combinaron harmonicamente a auga, a luz, a pirotecnia e a música.